UA-55725853-1

30 de xuño de 2011

Cambios, novas xeiras… aires novos

Era necesario… a blogoteca facía tempo que me tiña asfixiado e  xa facía tempo que quería marchar. Por que? En xeral non está mal o sistema, pero o certo é que despois de catro anos non cambiou absolutamente nada… non podes seguir os artigos polas canles máis extendidas como o google.reader, non podes actualiazar o blog dende o teu mail ou dende windows live, e non podes descargalo código do blog!!

Por outro lado dame a impresión de que dende que os amigos de Abertal fixeron a blogoteca non lle volveron a prestar atención.

A blogoteca quedouse atrás fai moito tempo… é unha mágoa pero é o que hai.

O certo é que o blog non ten cambiado tando no seu aspecto… máis ou menso é o mesmo, e o logo cambiareino en canto teña algunha idea interesante. O que espero que sí que cambie é o xeito de levalo: no vello morrocantando estaba atascado. Dende facía máis ou menos un ano as entradas eran moi esporádicas e iso era algo que me estaba a dar moita mágoa.

Penso que era por falta de inspiración e por falta de ganas e por iso fai un par de días pensei… e si cambias o servidor do blog?

Así que… aquí estamos… no blogger, empezando unha nova etapa… a ver que tal vai.

Adiós Blogoteca, adiós vello morrocantando… hola novo morrocantando

Morrocantando

Ningún comentario :

Publicar un comentario