Cóntame o amigo Xoxe Xose Lois D. Lucio, que onde el vive, no Sixto, en Vilagarcía, cuna dos Campaneiros, gaiteiros de renome, o alcalde, o Sr. Fole, do PP mandou por uns bambáns para que os vellos fagan exercicio uns días antes das eleccións. Que alegría, de súpeto os nenos grandes de O Sixto, por fin, teñen aparellos para xogar no parque que hai do lado do centro cultural! Pero non sexades malos, non pensedes que é por arrincar un par de votos, non... é por boa vontade!
Cóntame tamén que hoxe, día 25, deben de estar de resaca postelectoral no concello de Vilagarcía, pero das malas, das resacas puñeteras que non saen nin co paquete enteiro de ibuprofeno, porque quitaron os bambáns pensando que estaban a quitar a propaganda electoral. Claro que ao mellor, pensando mal, pero moi mal, tamén podería ser que o ex alcalde, ou alcalde en funcións, o Sr. Fole, ou Fole a secas, nun berrinche infantil, mandounos quitar porque "los pagué yo, de mi bolsillo, y si yo no puedo jugar con ellos pues no juega nadie".
Cosas de nenos digo eu.
As fotos foron feitas por Xoxé Lois Lucio no Sixto, Vilagarcía de Arousa, os días 22 e 25 de maio.