O outro día fóiseme a cabeza, agarrei a cámara e púxenme a tirar fotos dos gatos como un tolo, e eles, non sei que lles deu que puséronxe a posar diante do obxectivo como se estivesen a saber o que facían. En especial a pequena, Poporrocha que dedicoume unhas poses espectaculares. En realidade a cousa tiña que ver máis con que a ela apetecíalle rasca-lo lombo no cemento, no canto de posar para min elegantemente, pero eu aproveitei e tirei unhas instantáneas que nin que fóra unha modelo de pasarela.
O primeiro en pasar polo meu estudo fotográfico móbil, foi Mecha, que o pillei durmindo o soño primeiro, e o segundo e o terceiro, na mesa do taller. El, testán como é, fíxome caso un ratiño pero rápido esquenceuse de min e concentrouse de novo na soneca mentras eu seguía, ante a súa indeferente presenza, ca miña sesión fotográfica.
No xardín foi onde atopei a Popo. A que parecera que está a facelo aposta? Teño visto posar modelos con moita menos naturalidade.
Moqui tampouco quiso perder a festa. Tirou no chan diante miña e deixouse levar polo pracer de acicalarse ao sol. Como decindo, aquí estou eu, o primeiro gato da casa… se lle fas caso a ela faimo a min tamén e xa verás como sei posar tan ben como a compañeira.
Pero a Popo debeu darlle un ataque de ciumes que non tardou en porse diante do obxectivo. Ela era a diva e ningún gato peludo iba a impedirlle ser o centro de antención da tarde.
Ao final, Moqui fixo un par de mimos e non puiden resistir o encanto de tirarlle máis fotos, polo que Poporrocha, con aires de panteira, pasou de min, de Moqui e da cámara, como decíndome que si só lle prestaba atención ao Moqui era porque eu tiña fotos dabondo dela e que si quería tirarlle máis, xa podía chorar que non iba a volver a posar para min. Dígovos unha cousa… é pequena pero ten un caracter que mete medo.
Ningún comentario :
Publicar un comentario