UA-55725853-1

18 de set. de 2012

Fotos varias (1)

Máis cousas pendentes… as fotos tiradas en Afife e no claustro da Catedral de Tui alá polo mes de xuño co galo da excursión que organizamos polo curso de fotografía.

A praia de Afife, paraíso de area e dunas fogar natural de caracois invernando e surfeiros é un longo areal que ata a data era descoñecido para min.

E un lugar de paseos, pequenas froles na area, vento e ondas, esperas, madeira e cordas e incluso lagartos ocelados.

Tampouco estivera antes no Claustro da Catedral de Tui… ben, en realidade tampouco entrara antes na Catedral…

Xardíns e vistas ao río fronteira que tanto alonxa a Portugal de nos como o achega, pedra e linguas de infinita voluptuosidade, cans tellas e tellados e... no medio, necesarias e despreciadas, as arañeiras, que cun mato de froles detrás son o pretexto perfecto para demostrar que a profundidade de campo ben serve para unha boa fotografía.

2 comentarios :

  1. que fotos tan chulas!! por certo,por aquí chamámoslle lagarto arnau. Bicos

    ResponderEliminar
  2. Gracias!!!! É certo, non lembraba o nome ese!!! Oes... ti non tiñas un blog?

    ResponderEliminar