UA-55725853-1

22 de xan. de 2013

El Escorial

Por fin o camiño que pasou por Monterrei, Salamanca, Mérida, Sevilla, Benalmádena, Ronda, Málaga e Madrid non tiña máis remedio que volver á súa orixe, Vigo. Pero antes unha pequena parada máis. El Escorial.

Por certo, que dentro da igrexa pódense meter canóns de película pero non se poden sacar fotos... vai ti a saber cantas se tiraron o día da voda da filla de Aznar...

Madrid 2

Máis fotos de Madrid. Estatuas e máis estatuas, de vellos reis, de anxos... e de paxaros... porque por raro que parezca... Madrid aínda ten paxaros, aínda que sexan uns tan pequenos como un pardal.

8 de xan. de 2013

Adeus Nadal Adeus

Empezaba a estar xa un pouco farto de tanto Nadal, das súas comidas interminables seguidas de pesadas dixestións, das celebracións familiares e como non, desa extraña sensación de irrealidade, de que nada está no seu sitio. Xa botaba en falta un pouco de orde e de rutina

Porque este Nadal... non vos pareceu un pouco raro? Menos luces pola rúa, menos alegría, incluso menos xente... en fin, menos Nadal...

7 de xan. de 2013

Madrid 1

Ao principio da viaxe estaba Salamanca e ao final Madrid. Salamanca gustounos... ata o punto de que, sen ter mar, podería ser un bo lugar para vivir nela... Madrid non. Explícome. Gustounos como lugar de visita, pero non como lugar onde vivir. Eu non podería, non sería quen de vivir nunha cidade como Madrid. É un agobio de calor, de xente, de contaminación...

Aínda así hai oco nela para cousas fermosas, como este artista da rúa, mellor dito, da Praza Maior, dunha orixinalidade exquisita, unha especie de animal escapado dunha película de Hazao Miyazaki.

Ou o pequeno mercado de San Miguel, lembranza dun Madrid máis íntimo, menos cidade e máis vila.

Camiñar

Non vos farta ter o cu pegado á silla e ao sofá... eu estou farto... cansado... estancado e a única cura dese cansanzo é camiñar, pedalear... correr... ben... correr non, para min non, non me gusta, iso para os que vos guste. A min non, está mellor andar en bici, que é tan rápido e tamén fas exercicio... quero dicir que un día vas rápido e outro lento, gozando do camiño, non hai que ir sempre ao mesmo ritmo.

Estou farto.

No libro que estou lendo fala dos salvaxes e dos civilizados... non realmente dos que son salvaxes e dos que son civilizados, se non de dous conceptos opostos. Así salvaxe é o que satisface as súas nacesidades inmediatamente, cando ten fame rouba comida, cando está enfadado, pelexa, cando quere follar... viola... salvaxes son os que son escravos dos seus desexos e para satisfacelos nunca se preocupan dos outros.

Civilizados son os que cas mesmas necesidades son previsores. Non comen toda a comida para ter para logo, cando enfadan páranse a pensar para non volver a cometer os mesmos erros de novo, e se o desexo é forte pensan que teñen fillas e nais... teñen desexos pero saben dominalos...

O problema non é ese realmente... todos somos civilizados pero tamén temos algo de salvaxes... o problema é non ser quen de dominar esa parte salvaxe... como os seis da India.

Por iso, digo eu... non vos gustaría un mundo diferente... onde o importante fora moverse... pero non a rapidez con que o facemos? Temos unha sociedade bipolar? Vivimos co pe de cemento posto no acelerador pero realmente non facemos nada, deixamos pasar as nosas vidas en modo fastforward e non movemos o cu do sofá! Eu quero un mundo onde todo sexa natural e fermoso, sen salvaxes incontrolados, tan só persoas civilizadas que tamén saben ser salvaxes. Un mundo onde o normal sexa camiñar, ou andar en bici (ou correr se queres) polo pracer de facelo e poder deixar a un lado as prisas e os complexos estúpidos.

27 de dec. de 2012

Toda a lúa

Esta foi unha das cancións máis importantes das nosas vidas, unha tan fermosa que conmoveu nosos novos corazóns alá polo ano 1985 cando algún de nos aínda andaba perdido polas ondas dubidosas que anegaban as nosas vidas adolescentes.

Hoxe atopei en youtube esta versión con subtítulos en castelán e quedei abraiado ca poesía da súa letra... unha letra que fala desa muller marabillosa que temos nas nosas vidas e que sempre nos sorprende porque vai un paso por diante de nos, esa persoa que nos ensina que hai que aprender a soñar..."

Algo así como o que di a canción... eu miro tan só o cuarto crecente da lúa... pero ti, ti consigues miralas enteiras...

Dibujé un arco iris,
tú lo sostuviste en tus manos.
Yo tuve inspiraciones,
pero tú viste el plan entero.
Yo vagué durante años por el mundo
mientras que tú permanecías en tu habitación.
Yo vi la luna en cuarto creciente
Tú viste la luna entera
La luna entera...

Tu estabas allí en el torno
con el viento en los talones,
alcanzaste las estrellas.
Y sabes qué se siente
al llegar tan alto, tan lejos, tan pronto.
Viste la luna entera...

Yo permanecí con los pies en el suelo
mientras tú surcabas los cielos.
Yo estaba confuso a causa de la verdad,
tú atajaste entre las mentiras.
Yo vi el valle anegado de sucia lluvia,
tú viste Brigadoon.
Yo vi la luna en cuarto creciente,
tú viste la luna entera.

Yo hablé acerca de alas,
tú, simplemente, volabas.
Yo me pregunté, intuí y lo intenté,
tú, simplemente, sabías.
Yo simplemente suspiré,
pero tú te desmayaste
Yo vi la luna en cuarto creciente,
tú viste la luna llena,
la luna llena...

Con una antorcha en tu bolsillo
y el viento en tus talones,
trepaste por la escala.
Y ya sabes qué se siente
al llegar tan alto, tan lejos, tan pronto
Viste la luna llena...
La luna llena...

Unicornios y balas de cañón, palacios y embarcaderos.
Trompetas, torres y tugurios.
Enormes océanos rebosantes de lágrimas.
Banderas, harapos, transbordadores, cimitarras y pañuelos.
Cada valioso sueño y visión
bajo las estrellas.

Tú trepaste por la escala,
con tus velas hinchadas por el viento.
Tú llegaste como un cometa
con un rastro resplandeciente.
tan alto, tan lejos, tan pronto
Viste la luna llena...

22 de dec. de 2012

Málaga

Xa en Málaga non houbo tempo para moito... había que visitar a unha sobriña noviña e apenas nos deixou un pequeno paseo pola súa fastuosa e monumental catedral.

Málaga ten unha catedral digna de ser visitada, inimaxinable en todos os seus sentidos...

O tamaño é esaxerado, tanto no interior como no exterior... dentro poderían coller moitas igrexas con campanario e todo. E polo luxo da súa construcción: por poñer un exemplo, o chan de mármore en pezas de dúas cores perfectamente pulido.

A catedral de Málaga é deses edificios que demostra o pouco que lle interesa á Igrexa Católica e Apostólica a palabra de Xexús...

10 de dec. de 2012

Ronda

Escapando do brutal humanismo da costa decidimos pasar unha daquelas tardes en Ronda.

Un pouco de historia. Fai moitísimos anos aos meus pais e uns amigos deles deulles por ir de vacacións a Marbella. Daquela xa era un centro de turisteo “pijo” e “snob”, pero non ao nivel de hoxe en día: agora a costa está literalmente tomada por “resorts”, urbanizacións de luxo, hoteis e discotecas “supervip”, e outras tonterías similares… daquela, estou falando de 1981, Jaime de Mora y Aragón ou Gunilla von Bismarck eran os reis da Costa Dourada e aínda era unha cidade relativamente pequena… hoxe un non sabe onde empeza Marbella e termina Fuengirola.

Lembro daqueles días a interminable viaxe dende Galiza no coche dos meus pais, un Seat 127, que fixemos en dous días e lembro que fixemos a mesma ruta que nos este ano: baixar pola Ruta da Prata pasando por Sevilla pero daquela o GPS era analóxico, un mapa en papel máis ou menos detallado que por CPU tiña a mente do que trataba de interpretalo e non sei moi ben porque pero o camiño a Marbella levounos pola Serranía de Ronda, seica esperabamos atopar algún Curro Jiménez que nos salvara das gadoupas do gobernador.

Para min aquela parte da viaxe foi interminable de tantas voltas que deu a estrada por aqueles montes… penso que chegamos a perdernos… por se fora pouco lembro que a estrada que baixa para Marbella estaba sendo ampliada e teño gravado a ferro na miña memoria as imaxes daquelas interminables caídas que parecían chegar mesmo ata o Mediterráneo… o medo a non dar saído nunca daqueles montes de Ronda transformouse no medo a aquela estrada perigosísima franqueada de cantís polos que parecía inevitable caer.

Por iso para min, máis especialmente que ningún outra parte desta viaxe, volver a Ronda foi unha especie de ritual máxico. Claro que a miña memoria de neno de 8 anos non gravara imaxes dabondo de Ronda como para arruinarme a sorpresa.

Porque gran parte do municipio de Ronda está situado nunha chaira chamada a Depresión de Ronda e no medio desa chaira hai unha meseta rochosa sobre a que se atopa Ronda, e que divídese en dúas pola fina folla do río Guadalevín divide, o famoso “Tajo de Ronda”… un profundo canón que corta Ronda illando a parte vella da cidade e que deixa abraiado a todo visitante. Ademais Ronda, remata abruptamente por un dos seus costados nun cantil que fai que a cidade achéguese á natureza ofrecendo unhas vistas pasmantes… a limitación natural da extensión urbanística sumado á presenza do “Tajo” fan de Ronda un lugar moi especial cheo dunha fermosura que non deixa indiferente.

Para nos a visita a Ronda foi unha tarde inolvidable… empezou como un plan para afastarnos da noxenta costa malagueña e rematou sendo un longo paseo ata o pé da ponte que cura a ferida que fende Ronda. Logo dun solpor como poucos, mentres subíamos de novo á cidade, só podiamos pensar no triste que era volver a Benalmádena.