UA-55725853-1

7 de xan. de 2013

Camiñar

Non vos farta ter o cu pegado á silla e ao sofá... eu estou farto... cansado... estancado e a única cura dese cansanzo é camiñar, pedalear... correr... ben... correr non, para min non, non me gusta, iso para os que vos guste. A min non, está mellor andar en bici, que é tan rápido e tamén fas exercicio... quero dicir que un día vas rápido e outro lento, gozando do camiño, non hai que ir sempre ao mesmo ritmo.

Estou farto.

No libro que estou lendo fala dos salvaxes e dos civilizados... non realmente dos que son salvaxes e dos que son civilizados, se non de dous conceptos opostos. Así salvaxe é o que satisface as súas nacesidades inmediatamente, cando ten fame rouba comida, cando está enfadado, pelexa, cando quere follar... viola... salvaxes son os que son escravos dos seus desexos e para satisfacelos nunca se preocupan dos outros.

Civilizados son os que cas mesmas necesidades son previsores. Non comen toda a comida para ter para logo, cando enfadan páranse a pensar para non volver a cometer os mesmos erros de novo, e se o desexo é forte pensan que teñen fillas e nais... teñen desexos pero saben dominalos...

O problema non é ese realmente... todos somos civilizados pero tamén temos algo de salvaxes... o problema é non ser quen de dominar esa parte salvaxe... como os seis da India.

Por iso, digo eu... non vos gustaría un mundo diferente... onde o importante fora moverse... pero non a rapidez con que o facemos? Temos unha sociedade bipolar? Vivimos co pe de cemento posto no acelerador pero realmente non facemos nada, deixamos pasar as nosas vidas en modo fastforward e non movemos o cu do sofá! Eu quero un mundo onde todo sexa natural e fermoso, sen salvaxes incontrolados, tan só persoas civilizadas que tamén saben ser salvaxes. Un mundo onde o normal sexa camiñar, ou andar en bici (ou correr se queres) polo pracer de facelo e poder deixar a un lado as prisas e os complexos estúpidos.

Ningún comentario :

Publicar un comentario