UA-55725853-1

16 de xan. de 2012

Adeus, cacique, adeus!

Xa fai algún tempo que non fago entradas para o blog,levo una temporada tan liado que nin tempo para o blog tiña, pero hoxe... hoxe hai motivos de celebración e por iso penso que é apropiado escoitar esta canción que Quempallou adicou a aqueles que seguen a vella tracdición do caciquismo en Galiza.

Hoxe empezo unha nova xeira de escritos, xa lle tiña gañas, e non pode haber mellor xeito! Poucas palabras teño que dicir porque xa as di todas o amigo Guillerme... simplemente, "non cha desexo pero sen rencor/cando te vaias, nos brindaremos/quero cacique pero con limón".

Por certo, onte andandivemos de festa por Matamá, polo San Amaro, cocido e cantigas e moita festa, moita, como si de algún xeito a ialma soubese que por fin marchara unha negra sombra... pena non ter sabido, que a celebración de seguro que tería sido maior.

Ningún comentario :

Publicar un comentario