UA-55725853-1

31 de xan. de 2012

Gata posando

Cando un convive con gatos non deixa de sorprender polas cousas que fan, polo seu comportamento, polo humanos que parecen, que teñen a súa personalidade. En parte iso é porque buscamos e interpretamos as súas emocións, os seus comportamentos como humanos que somos, e porque, por desgraza, ninguén nos ensinou a entender correctamente aos outros seres vivos, sobre todo a aqueles que máis se parecen a nos.

E porque temos metido na cachola que somos os putos amos da creación, porque só na nosa cachola aniñou a intelixencia.

Por iso vos vou ensinar as fotos que lle tirei fai uns días a Poporrocha. Cando un as mira decátase claramente de que ten unha personalidade propia, de que, si a nos se nos nota que temos alma ao mirarnos aos ollos, a eles tamén… Un, dende o seu punto de vista humano, podería pensar que está posando como unha modelo, non, está recreándose ante un ser vivo que a coida, que a fai sentir ben.

Mirando estas fotos penso que non son quen de entender a aqueles que maltratan animais. Porque iso só pode expresar unha falta de humanidade preocupante.

Ningún comentario :

Publicar un comentario