UA-55725853-1

20 de xan. de 2012

Cartal da Reconquista 2012

Outro ano máis, e xa van catro, presentando cartel para ser o que represente á festa da Reconquista, e outro ano máis, e xa van tres, sen gañar, o cal é unha mágoa, porque, sinceiramente, 800 euros, veñen moi ben nestes tempos que corren. Pero o certo é que cada vez é máis difícil porque cada vez hai máis concursantes e o nivel é cada ano máis alto…

Eu este ano tratei de facer algo épico, algo que falase de aventura, de heroicidade e o certo é que inspireime nos carteis das películas de Indiana Jones… pareceume apropiado homenaxear a estes cartelazos, pero, claro, o que eu pense… non ten porque ser o que pensen os membros do xurado… pero… non se consola quen non quer, e o certo é que foi un traballo do que aprendín moito.

E este o meu traballo. A min gústame e síntome moi fachendoso del.

Ningún comentario :

Publicar un comentario