UA-55725853-1

20 de xan. de 2014

Agradecementos

Fai uns días mirei un vídeo aconsellado por unha persoa marabillosa. Este vídeo.

Despois de miralo pensei… a ver, si eu son así! Presto bastante atención a todo, non en plan xenio da dedución, pero si en pan persoa normal que presta atención e sempre me considerei alguén positivo, pero pregunteime, entón, por que non teño sorte?

Por que pasei corenta anos tratando de non ser eu mesmo, de cambiar para adaptarme a todo o mundo, porque tiña a necesidade de caerlle ben a todo o mundo, de satisfacer a todo o mundo. E en consecuencia anuleime a min mesmo e deixei de ser unha persoa atenta e positiva.

Pero estes días estou a decatarme de que iso non ten sentido, que non podo caer ben a todo o mundo, que non podo ser tan estupendo que todo o mundo sexa o meu amigo… porque si deixo de ser eu mesmo para lograr ese obxectivo irrealizable que é satisfacer a todos, inevitablemente a xente ca que trato vai rechazarme porque non me comporto de xeito natural.

Levo corenta anos facendo iso e creo que vai sendo tempo de deixalo atrás… nestes últimos cinco anos foi o que fixen ca xente que ía coñecendo en Vigo e que supostamente eran meus amigos. E o certo é que agora decátome de que algúns deles era xente que non me interesaba para nada. Nin eles querían interesarse por min nin realmente eran persoas que me interesasen a min.

Na súa vida unha persoa é quen de cometer uns cantos erros. Eu nestes últimos tempos teño cometido uns cantos… ben, pois por culpa diso, algunha persoa me ten metido unha boa puñalada, unha traizón que, aínda doe máis cando ben de persoas cas que tes unha especial amizade ata o punto de chamármonos irmáns… os erros son culpa miña. Que me traizoen non.

E o certo é que se ben esta puñalada me ten doído moito, moito, moito, veño de descubrir que me teñen feito un regalo fermosísimo. Porque tal como di o vídeo, as persoas que teñen sorte son as que son quen de ollar as posibilidades e cambiar o malo en bo. A nova oportunidade é cambiar a miña vida rompendo con todo aquilo que xa non necesito e abrir ben os ollos para atopar a persoas correctas, e cambiar o malo en bo é terme decatado de que todo isto é unha gran oportunidade.

Así que, persoas que xa non estades na miña vida moitas grazas, en serio, non sabedes o agradecido que vos estou, e por favor, apartádevos da miña vida, apartádeme da vosa vida. Por favor, non me nombredes. Non pronunciedes o meu nome. Non existo, non son ninguén.

Ningún comentario :

Publicar un comentario