UA-55725853-1

1 de xan. de 2014

Pequena reflexión

Por fin, xa era hora, xa rematou este condenado 2013... que vaia ao carallo... o certo é que como ano non empezou mal, pero a cousa non é como empeza se non como vai. Tampouco como remata. Por que o novo ano, do que xa levamos unhas horas, 11 para ser exactos, non é que empezara moi ala: cunha cea de fin de ano bastante normal, pouco emotiva, como outra calquera, e pasando a noite durmindo para poder ir a traballar, e logo no traballo aburrido e padecendo os peores churros que teño comido na miña vida... e todo aderezado cun marabilloso día gris cheo de choiva e vento, así que esperemos que este ano que non empeza moi alá, sexa, canto menos mellor que o que remata, o que tampouco vai ser difícil.

2 comentarios :

  1. Pois terá días malísimos, días que "nin fú nin fá" e días marabillosos... todo depende de como os aproveitemos... Sorte Edu!! Feliz ano! ;)

    ResponderEliminar