UA-55725853-1

10 de xuño de 2012

Intervención, intervención

Xa están aquí os homes de negro e por moito que pareza... non veñen do exterior, xa estaban aquí, son os nosos ilustrados dirixentes, e, que vos enteredes, non oen, non ven nin din nada. E traen, como o mítico pan dos recén nacidos, baixo apestoso sobaco, unha intervención.

Non vos enganedes, non é como as intervencións de Ted Mosby e compañía. Nooon... esta, por moito que lle chamen liña de crédito á banca, desexada polo presi que quede claro, é un rescate brutal que van a pagar os que peor o estamos pasando nesta crise, os cidadáns normais, os curritos, os traballadores normais e correntes. Rajoy, o home que escapa de nominalismos, é dicir, que non quere dicir ás cousas polo seu nome verdadeiro, é un pobre iluso que tapa ollos, orellas e boca, e que, negando como nega a realidade, case podería afirmarse que ten unha patoloxía pola que outros xa estarían pechados en Conxo ou no Rebullón.

Como alguén pode presentar como un trunfo que se den 100.000 millóns de euros á banca para salvala, mentres pechan hospitais e as aulas satúranse de alumnos, mentres recórtanse ós fondos á investigación e os traballadores deste país apretan máis e máis o cinto? Que tipo de persoa pode presentar todo isto como unha victoria persoal e ningún dos múltiples responsables desta situación responden ca súa liberdade e o seu patrimonio ante a xustiza e o pobo?

Eu volo vou dicir... só unha persoa que se presenta como un leon pero que non é máis que un esquío, unha persoa que só é quen de dar a cara cando se lle presiona e non cando debe, unha persoa que nesta situación é incapaz de mostrar un pequeno sinal de humildade cos cidadáns aos que representa porque non renuncia a un partido de futbol en Polonia...

Falabamos mal de Zapatero... eu agora digo eu... máis vale malo coñecido que Rajoy por coñecer.

8 de xuño de 2012

Fotos radiactivas 01

Hoxe tócalle o turno ás fotos radiactivas, as da mira pequena rusa, a FED 5B, a primeira mostra do que pode facer. O certo é que cando fun buscalas á tenda quedei un pouco decepcionado ao miralas, esperaba algo excepcional, algo sorprendente, pero logo pensando un pouco decateime de que estaban moi ben… boas cores, ben saturadas, contrastes fortes… e o que é o mellor de todo… a pesares de non saber moi ben o que estaba a fotografar, encuadres bastante ben feitos.

A cousa é que, como descubrín despois, faltáballes algo máis de luz (agás as últimas que foron despois do solpor) para mellorar o efecto ese de luminosidade e revelalas usando o efecto cruzado (usar no revelado os líquidos que se usan para revelar diapositivas). Vamos, que a próxima vez de seguro que saen moito mellor.

En calquer caso, ao final quedaron bastante ben despois do escaneado e de tratalas un pouco co lightroom, tanto como para ensinárvolas.

7 de xuño de 2012

Fotos por un burato 01

A cámara de papel vai dando os seus primeiros froitos, non todo o bos que un quixera que fosen pero froitos son a lo menos. Moito queda por mellorar a técnica e a cámara.

Desta volta, a primeira, só 5 fotos pasan cun aprobado raspadiño. Dúas do xardín…

… outra cunha vista de Vigo….

… outra do noso peludo maior, o Moqui…

… e a última, da tarde dos Maios do Casco Vello, co maio da E-Trad prantado no medio.

Espero mellorar.

O Xogo da Arbitrariedade

“-Que fan? –murmurou Bastián-. Que clase de xogo é ese? Como se chama?

-É o xogo da arbitrariedade –respondeu Árgax. Fíxolles sinais aos xogadores e gritou-: Bravo, rapaces! Adiante! Non vos deteñades! […]

[…], si se sigue xogando cen anos, mil anos, cen mil anos, con toda posibilidade sairá unha vez, por casualidade, un poema. Y si se xoga eternamente terán que xurdir todos os poemas, todas as historias posibles, e logo todas as historias de historias, incluída esta na que precisamente estamos falando. É lóxico, non?

-É horrible –dixo Bastián.”

A Historia Interminable, Michael Ende.

Lembrades este marabilloso libro? Eu téñoo lido unhas cantas veces e máis que o lerei porque para min e unha das máis grandiosas historias xamais contada.

O certo é que non vou falar realmente del nesta entrada porque este vai ser outro artigo onde descargar toda a frustración que me causa a crise. Simplemente quería usar un dos capítulos do libro, aquel no que un pobre e desmemoriado Bastián Baltasar Bux, xa heroe salvador de Fantasía, atopa un grupo persoas tirando, ao azar, dados cunha letra en cada cara, como pé para a miña reflexión.

O Cicerone de Bastián, o mono Árgax, cóntalle que esas persoas, agora tolos, antes emperadores de Fantasía, están a xogar ao Xogo da Arbitrariedade porque xa non saben narrar, porque perderon a linguaxe. Tiran os dados eternamente ata lograr que as letras formen algunha historia lexible.

É o que se coñece como o Teorema dos Monos Infinitos: si un infinito número de monos mecanografaran por un intervalo infinito de tempo producirían texto lexible.

“Si o mono puidese pulsar unha tecla cada nanosegundo, o tempo esperado ata que escribise Hamlet é tan grande que a idade estimada do universo é insignificante en comparación... Este non é un bo método de escribir libros.”

Gian-Carlo Rota

Algo parecido pasa co goberno do Estado Español… se tivésemos un número infinito de Marianos Rajoy e de Marías D. de Cospedal pensando á vez durante un intervalo infinito de tempo con toda probabilidade serían quen de dar ca solución á crise?

Ca bolsa en mínimos históricos, a prima de risco disparada, os bancos afundidos, o paro disparado, os soldos e os dereitos dos traballadores baixo mínimos, a moral desaparecida, sen unha clara solución, o malo non é que estamos moito peor do que estabamos o ano pasado, o malo é que aínda podemos estar moito peor.

Tal é para min a magnitude da incompetencia dos que nos están a gobernar: Mariano e “troupe” eran os super heroes patrios, os salvadores dos parados e dos sen teito, os vingadores da economía nacional, e resulta que, case medio ano despois, andan tan perdidos (ou se cadra incluso máis) que Zapatero nos seus mellores momentos, como os habitantes da Cidade dos Antigos Emperadores.

Non vos da a impresión de que agora mesmo Rajoy está facendo como o neno que para pasar un castigo ou un mal trago decide deixar pasar o tempo durmindo na súa habitación?

Cada día que pasa afánanse máis e máis por demostrar a súa incapacidade: esperar por que eles dean ca solución a este despropósito é desesperar. O infinito é demasiado tempo e empezo a pensar se un mono non o faría mellor.

1 de xuño de 2012

Auga e luces

Está a dar moito de si o curso este de fotografía. Por poñer un exemplo, fai dúas semanas quedamos todos para probar a fotografía nocturna e pareceunos moi boa idea facelo nas fontes luminosas do Calvario.

Si vos digo a verdade, foi unha noite moi divertida, e ademais, penso eu, que o resultado foi bastante interesante... na miña opinión, as fotos feitas por min, en xeral, non necesitan moito comentario. Claro que con esas fontes do Calvario, tampouco hai que ter moita maña...

29 de maio de 2012

O Barril do Amontillado

Érase unha vez un home, en Venecia, pero podería ser en Madrid ou mesmo en Ourense, que estaba canso e que só ansiaba vingarse de aquel que lle destrozara a vida así que ideou a mellor vinganza imaxinada… polo antroido invitou ao seu inimigo á súa festa e cando xa se deixara levar un bo camiño polos aires dos mellores viños invitouno a probar o seu caldo máis exquisito… un amontillado que gardaba nun barril no máis fondo da súa bodega.

O home, que aceptou a invitación sen dubidar, porque, aparte de mala persoa era preguiceiro e larpeiro, só podía pensar no delicioso viño mentras camiñaba ao carón do seu anfitrión cada vez máis abaixo… o amontillado necesitaba oscuridade e humidade, de todos era sabido.

Ignorante do seu futuro o home por fin achegouse ao barril do amontillado e emocionado e borracho como estaba case nin se decatou de que era encadeado ao muro daquel profundo souto. Só empezou a ser consciente da súa situación, cando o seu anfitrión, no canto de abrir o barril, empezaba a levantar un muro diante del, e tan só, cando apenas quedaban catro ladrillos, empezou a gritar coñecedor de que tiña toda a eternidade para desfrutar do amontillado.

Non digo eu que haxa que facer como o terrible vingador da historia de Allan Poe, pero non empezades a pensar que todo isto da crise é unha brincadeira inmensa? Non vos gustaría ver a algún responsable encadeado e pagando polos desfalcos, polos roubos, polos enganos? Mentras toda esta panda de mangantes, dende Camps ata Rato pasando polo xuíz ese que tanto gosta de Puerto Banús, gozan da súa liberdade e dos seus cartos, outros como Javier Krae ou diferentes sindicalistas e manifestantes que tan só protestaban polas liberdades e os dereitos de todos, ven como unha posibilidade real pasar varios anos no caldeiro.

E a nos o único que nos move a sair á rúa son o Madrid, o Barça e o Depor. No fondo tamén nos deberiamos ir emparedados cos outros e co barril do amontillado porque é o que nos merecemos por imbéciles e crédulos.

39 e pico

Non todos os días se cumplen 39 anos e aínda que inevitablemente esta celebración achegame a ese límite psicolóxico dos 40, que aínda que parece moi terrible, tal como vivimos tampouco é pa tanto, se un o celebra en boa compañía, e o día sorprende con claros e oscuros, con raios de sol e nubes primaverais pois ata pode sair unha moi agradable reunión no balcón da que tirar moi boas fotos.

Aínda que sexa necesario improvisar parasois con paraugas.

23 de maio de 2012