UA-55725853-1

8 de xuño de 2012

Fotos radiactivas 01

Hoxe tócalle o turno ás fotos radiactivas, as da mira pequena rusa, a FED 5B, a primeira mostra do que pode facer. O certo é que cando fun buscalas á tenda quedei un pouco decepcionado ao miralas, esperaba algo excepcional, algo sorprendente, pero logo pensando un pouco decateime de que estaban moi ben… boas cores, ben saturadas, contrastes fortes… e o que é o mellor de todo… a pesares de non saber moi ben o que estaba a fotografar, encuadres bastante ben feitos.

A cousa é que, como descubrín despois, faltáballes algo máis de luz (agás as últimas que foron despois do solpor) para mellorar o efecto ese de luminosidade e revelalas usando o efecto cruzado (usar no revelado os líquidos que se usan para revelar diapositivas). Vamos, que a próxima vez de seguro que saen moito mellor.

En calquer caso, ao final quedaron bastante ben despois do escaneado e de tratalas un pouco co lightroom, tanto como para ensinárvolas.

2 comentarios :