UA-55725853-1

Enlace de Lupe e Edu

Velaivan unhas fotiñas da voda

Hai cousas que suceden unha vez na vida (ou que deberían suceder unha soa vez) e que son inesquecibles. Para min, para Lupe, vai ser a nosa voda, aunque lembrando o que pode ser un principio inevitable: nos, como protagonistas principais, gustaríamos ter podido atesorar lembranzas a todos os niveis, disfrutar da voda máis pausadamente, poder mirala cos ollos dos invitados, e nembargantes, tan só podemos gardar a nosa lembranza que é un remuiño de imáxenes e sensacións como pasadas nunha mobiola.
Pode ser que sexa por iso polo que son tan importantes as fotos e os vídeos. Non se trata simplemente de lembrar de novo aquel día, trátase tamén de, en certo modo, poder disfrutalo de novo no convencemento de que foi un día marabilloso e que só nos quedará a lembranza e a sensación de que aconteceu algo grande, non só para nos, se non tamén para todos vos... aínda que só sexa polo ben que o pasamos. Por iso hoxe, dous meses e varios días despois, empezo a porme ao día ca cousa das fotos.

Así, primeira entrega. As fotos da cerimonia.
Por certo, estas son as primeiras pero non as únicas, que faltan moitas fotos...
Disfrutade da lembranza.
Vai á primeira parte
Vai á segunda parte






































Voda Lupe Edu - Misa Toutón



Máis fotos da voda (1)

Non da, non da... tiña pensado poñer todas as fotos do convite neste artigo do blog pero non da para tanta foto... mirei as que levaba postas e dixen... mira, casi que vou facer dous artigos... así que aquí tendes a primeira parte das fotos da festa... a que a xente ten pinta de ser feliz?
Vai á segunda parte
Vai á cerimonia
























Voda Lupe Edu - Convite (1)



Máis fotos da voda (2)

E aquí vai a segunda parte, a parte da tarta e deses noivos feitos pola amiga Paz e que lle foron dados ao meu primo Jesús e a súa moza Pili, cunha certa tristura nosa, a parte do ramo nº 1 que foi para Mar, e do ramo nº 2 que foi para Silvia, a parte do vídeo que Lupe non foi quen de mirar porque non levaba postas as lentillas e como non a parte do valse (Vals dos Melindres, dos Carunchos, do disco Montealegre), e como non, a parte da festa rachada, que ben que o pasamos, e das faltas con tarxeta vermella por entrada cos pes por diante e rotura de vaso máis tres puntos na man incluído...
Nos pasámolo en grande e polo que sabemos vos tamén. Moitas grazas a todos!!!
Vai á primeira parte
Vai á cerimonia



















Voda Lupe Edu - Convite (2)