E hoxe a imaxe que tirei pola noite de Venus e Xúpiter. Venus e o punto luminoso máis grande, o que está máis arriba e o de máis abaixo e Xúpiter. Xa vedes que Venus é máis luminoso que Xúpiter, pero o tamaño non é tan grande, tan só un pouco máis pequeno, a pesares da distancia enorme á que está da terra.
E qué somos nos ao lado diso?
Se queredes sabelo entrade neste enlace que me proporcionou unha amiga en facebook onte. É un gráfico en flash que nos ensina como é o universo dende o máis pequeno ata o máis grande e onde estamos nos.
Movede o cursor para esquerda de golpe ata o máis pequeno, e logo empezade a movelo para dereita pouco a pouco, a escala vai subindo dende o máis pequeno do universo, dende a escala das cousas que miden na orde de 1 x 10 elevado a –35 metros (cero coma trinta e catro ceros e un un), pasando polos protóns ou neutróns que miden 1 x 10 elevado a –15 metros, polo ADN (1 x 10 elevado a –9 metros), o ovo dunha galiña que mide 5,5 x 10 elevado a –2 metros (0,055 m ou 5,5 cm), ou a maior flor do mundo, a apestosa Rafflesia (un metro). Nese rango, no do metro, estamos nos.
Logo sigue movendo o cursor para a dereita e empezan a aparecer as cousas que son máis grandes que nos, e nos cada vez somos máis pequenos. Para cando aparece a Gran Pirámide de Giza (150 m ou 1,5 x 10 elevado a 2) somos tan pequenos que non se nos mira na pantalla. Logo sae a Lúa, cun diámetro (3500 km) tan só un pouco máis grande que a lonxitude que abarca a Muralla China.
Moito máis grande é a Terra, a nosa única casa, con 1,27 x 10 elevado a 7 metros (12700 km). Cando aparece o Sol (1,4 x 10 elevado a 9 metros (1,4 millóns de kilómetros) xa non se mira a Terra na pantalla. E máis alá, a 17 x 10 elevado a 9 m da Terra atópase a Voyager, o obxecto humano que máis lonxe ten chegado nunca.
A partires deste punto a magnitude das cousas xa é cósmica, xa falamos de nebulosas, do ano luz (9,46 x 10 elevado a 15 m), de galaxias, a nosa mide 1,2 x 10 elevado a 21 metros, cúmulos de galaxias e cúmulos de cúmulos e finalmente o universo que somos capaces de observar que abarca un radio duns 9,3 x 10 elevado a 26 metros, é dicir 93 seguido de 25 ceros.
A cousa é que no universo, polo menos dende o punto de vista das escalas nos estamos máis ou menos no mediocre medio, ainda que é verdade que hai máis universo dentro de nos que fóra. Vos decades de que si unha hipotética nave que viaxara reducindo o se tamaño 1 m por picosegundo (a billonésima parte dun segundo) e outra que se afastase un m por picosegundo da terra empezaran a súa viaxe a un tempo a do viaxe interior tardaría máis en chegar ao extremo do universo? A nave que viasaxe para fóra tardaría 30000 milenios en chegar ao límite do universo. Iso é pouco... a nave reductora tardaría 3 billóns de milenios en chegar ao punto da escala menor do universo.
Así que, digo eu, qué somos nos comparados con todo iso? Nada e dende ese punto de vista deberíamos empezar a pensar a facer a cousa de outro xeito, máis humilde. Aínda ásí o universo necesítanos porque… se non, quen o observaría, quen se marabillaría cos seus segredos?
Ningún comentario :
Publicar un comentario