- Señora, desculpe, podería tirarlle unhas fotos…
- E logo para que é?
- E polas zocas, que non é moi habitual mirar a alguén usalas…
- Ah! polas zocas… as madreñas!
- Si, polas madreñas.
Eu afástome un pouco e comezo a tirar. A peixeira posa un rato, fachendosa.
- Mire, non se preocupe, vostede siga o seu, faga como si nada…
- Ah, vale… mire señora – falando cunha muller que se achegou ao posto - os xurelos son da ría, pero tamén teño fanecas e unha pescada do pincho moi boa…
Volvo a achegarme a ela.
- E logo, que tal se fai traballar cas zocas?
- Ai, é unha marabilla, mira, agora teño os pes fervendo.
- Claro, sequiños, porque leva as zapatillas, non é?
- Si mira…
- E sequiños, porque aí no alto…
- Si, antes andaba no frío e eu cos pes quentes.
- E con tanta auga non lle esvara?
- Non, que lle puxen unhas gomas por baixo, ves? E logo para que son as fotos?
- Pois por que gústame ver como se usan as vellas cousas nestes tempos modernos.
- Home, moi glamurosas non che son pero eu estou moi contenta.
- Glamurosas? Pois xa me contará vostede onde vai atopar zapatos cuns deseños tan chulos como eses?
- Pois tes razón.
- Bueno, déixolle traballar. Moitas grazas.
(Máis os menos, na Praza de Abastos de Vilagarcía o pasado martes)
Ningún comentario :
Publicar un comentario