Xa choveu dende os días de semana santa e atrás quedaron aqueles marabillosos concertos da ENFO (European Network of Folk Orchestras) dos días 5, 6 e 7 de abril. Non teño moito que dicir, que supoño que para todos os músicos e organizadores foi un soño real, que os concertos foron incribles e irrepetibles, que ogallá o proxecto poda seguir existindo…
Eu quédome con estes recordos visuais do concerto de Sibelius Folk Big Band na Praza da Farola o día 7 ao medio día. Unha pequena delicia que ao final fixo saír o sol.
Ningún comentario :
Publicar un comentario