UA-55725853-1

10 de maio de 2012

Xogos de luces

Comprar unha cámara de fotos e como quen non quere a cousa aparece o vicio da fotografía. E detrás do vicio ven aprender porque, a fotografía, que queredes que vos diga, é fermosa… pero complicada. Así que logo ven facer un curso de fotografía en O Fiadeiro,  e, no canto de diminuír, o vicio vai en aumento.

A cousa é que o primeiro día, Oscar, o profesor, falounos dos principios da fotografía, da cámara oscura e eu lembrei que fai xa unha boa chea de anos, no primeiro ano de carreira, mirei o fenómeno da cámara oscura nunha habitación da residencia.

Era todo un espectáculo. A persiana tiña un pequeno burato e ao baixala nas paredes e no teito proxectouse o que sucedía na rúa, pero ao revés.

Así que decidín facelo en casa… unha cartulina negra tapando a ventana e un buratiño de medio centímetro na cartulina… e como podedes ver… cunha sabana branca colgada diante da parede para miralo mellor, o mundo enteiro no inerior da túa habitación.

A que é unha pasada?

A próxima cousa interesante que faremos será construír unha cámara de papel… xa a teño feita e logo haberá que levar as fotos a revelar como nos vellos tempos, pero a ver que sae… xa veremos, pero téñolle ben de gañas.

Ningún comentario :

Publicar un comentario