UA-55725853-1

19 de maio de 2012

Vellas cámaras

O vicio fotográfico exténdese. A cámara dixital réflex levoume á cámara de papel, e a de papel a lembrar que na casa dos meus pais había un par delas vellas… Busquei e atopei e, seica non son cámaras especiais, pero para min, polo menos, teñen un certo interese aínda que só sexa sentimental.

A primeira é unha cámara rusa, soviética habería que dicir realmente, que se fabricou dende o ano 1975 ata o 1990, unha robusta cámara feita en aceiro e cunha peza coberta dun plástico negro dunha calidade excepcional. Pesa moito volo aseguro, pero na man da unha boa sensación de resistencia.

As FED empezáronse a construir en 1932 nunha comuna para o ensino e o coidado de nenos e xóves orfos na cidade Ucranina de Járkov. O fundador da comuna chamábase Felix E. Dzerjinski. As cámaras FED empezaron sendo copias das Leica alemanas, pero en moitos casos chegaron a superalas.

Viña fabricada cun obxectivo Industar 61 L/D cunha óptica de catro corpos. Ten un diafragma que permite  escoller aperturas dende f/2,5 a f/16 e unha distancia focal a apertura f/2,5 de 55 mm.  Un dato interesante o do obxectivo, que foi considerado o mellor obxectivo fabricado na URSS, especialmente pola claridade e a definición das fotos que saca, cousa que se debe á presencia de Lantano nas ópticas, elemento que parece ser que ten unha certa radiactividade.

Máis cousas que ten… o zócalo para o flash que ademáis pode conectarse á cámara para a súa sincronización.

Ou o selector das velocidades de obturación que permite escoller velocidades dende 1/500 ata 30 segundos e bulb. Esta parte ten algo moi peculiar das cámaras rusas… se non queres estropear a cámara primeiro hai que pasar a película e logo axustar a velocidade de obturación.

Tamén ten un selector para a calidade da película, xa sabedes, os tipos de sensibilidades ISO, e un temporizador… Vamos que é unha cámara moi interesante, que ten como mínimo 20 anos ou o dobre, que funciona moi ben e de seguro que saca unhas fotos incribles. xa o veremos.

Vos decatades de que parece feita toscamente pero que o acabado, si se mira con detenimento, é exquisito… ? Esta cámara funciona dende fai case 30 anos despois de ter sido construída e funcionará como mínimo dentro de outros 30. De seguro que dentro de moitos máis.

A segunda cámara é a vella cámara dos meus pais, unha cámara da marca alemana King, modelo Regula Sprinty C 300, unha cámara cun obxectivo regulabre cun obxertivo que da unha distancia focal dende un metro ata o infinito. É un cámara bastante lixeira. Cantas fotos se tirarían con esta cámara e, apesares de ter o mando para correr o carrete un pouco solto, de seguro que aínda funciona perfectamente.

E a terceira é unha cámara de fabricación española por una empresa valenciana chamada Industrias Matutano, que nada tiña que ver con fabricante de patatas fritas. É unha cámara extraordinariamente sinxela co mecanismo para accionar o obturador colocado no mesmo obxectivo formando parte do propio obturador. É fermosa pola súa sinxeleza.

Ningún comentario :

Publicar un comentario