Fai dúas semanas estivemos no Serán do Mar en Rianxo. Foi unha tarde que comezou soleada e no canto dun ensaio de Malveiras en Vilagarcía houbo paseo pola costa de Rianxo. De pequeno paseo ata unha praia cercana a longo paseo por lugares que eu descoñecía.
Sinceiramente… un paseo con Jose e Iria sempre é algo moi interesante pero si ademais ven algunha rianxeira, como Ana, a de Miguel, que che conta cousas, que che fala de tempos pasados… pois aínda o é máis.
Por exemplo unha praia que se lle bota un recheo e que se fai moito máis grande do que era, ata o punto de que o vello malecón xa nunca xamais será bañado polas olas.
E logo as vistas do lado habitual da ría, dende o lado que normalmente está… na outra riveira.
Ou por exemplo, a Illa de Cortegada que sempre móstrase dende Carril e que non sei si algunha vez a mirara dende ese lado.
O sol non durou e choveu e ata fixo frío pero a cambio xa mirades que ceos e que mar máis fermosos quedaron para fotografar.
Máis tarde Miguel e Ana leváronnos a coñecer os restos dunhas toerres que antaño protexían as costas rianxeiras e como estaba do lado, a un pequeno campo que descubriran uns días antes cheo de deliciosos amorodos. Aínda botamos un bo rato apañando e comendo neles.
Esta é a miña foto favorita do día, unha desas fotos que tiras sin pensar moito o que fas e que vai e resulta que sae unha boa foto.
Xa pola noite… xusto antes de cear, unha última foto. Non hai moito que dicir.
Ningún comentario :
Publicar un comentario