UA-55725853-1

13 de out. de 2012

Vamos!

En plena camapaña electoral empezan a chegar as primeiras cartas de propaganda dos partidos... nada interesante agás, mirade vos por donde, o acerto de UPyD de presentar unha soa carta por domicilio, no canto do despilfarro que supón unha carta por cada elector na casa.

E logo... a carta do PP... Di a carta, así, arriba de todo, en grandes letras en galego "Ven e Vamos". O primeiro que pensei foi que tiña que comprobar si "vamos" en galego dise "imos" por que o certo é que en outra parte da carta di, en castelán, "Ven y vamos". Pensei: "A primeira persoa do plural do verbo "Ir" é "Imos" pero tamén podería ser a primeira persoa do plural do imperativo, que se di "vamos"..." Pero é que en castelán resulta que o imperativo é "vayamos", polo que está claro que en castelán usaron os presentes, e en galego, por equivalencia, tamén... así que ao final, cheguei á única conlusión posible... que cando as cousas non se fan con sinceridade, tan só por quedar ben... fanse mal.

Resumindo, que ao PP impórtalle ben pouco o galego, que todo é fachada como ben xa moitos sabemos. Por que non é raro que alguén cometa erros gramaticais... eu cometo moitos... de seguro hai unha chea deles neste texto... o problema é que organismos como un partido político, con recursos como para contratar traductores a mans cheas, cometen erros como estes e logo pretenden enganarnos dicindo que defenden a nosa lingua.

2 comentarios :

  1. Eu acabo de recibir a de Mario Conde en perfecto castellano, por suposto. Rin un cacho cando di: " para recuperar valores perdidos ". Hai que ter cara !.

    ResponderEliminar
  2. Hoxe escoiteino en Radio Vigo... a entrevista en castelán toda e quedei asustado cando di que a súa nai falaba en galego-portugués e que gracias a dios o seu pai faloulle sempre en castelán e que por iso tivo ocasión de falar en castelán... a coña é que cando a presentadora dílle que fale en galego, vai el, ri e di que non cun ton como decindo... eu falando en galego, por favor.

    ResponderEliminar