UA-55725853-1

9 de dec. de 2012

Benalmádena

Ao, final, atravesando a ancha Andalucía, chegamos, xa de noite, á Benalmádena... e Andalucía é ancha, e tamén España e Castela, as dúas, e incluso Extremadura, que todas as cruzamos dun lado ao outro, pero a costa malagueña é estreita, e como está chea de merda urbanística inversamente proporcional a esa estreitez... Despois da tranquilidade do interior chegar á costa, é máis á de Málaga, é como levar unha bofetada... edificios por todas partes, luces do parque de atraccións, coches a moreas, todo en aparente caos e desorde. Eu pensei... que coño fago eu aquí.

Pero por sorte tiñamos un pequeno apartamento no centro do casco histórico de Benalmádena e a imaxe de cidade turística estilo Torremolinos mudou en pequena cidade típica con turistas... un paseiño nocturno e logo outro ao mediodía mostraron unha vila que ben podería estar en calquer outro sitio, mesmamente en sitios menos turísticos, agradable, tranquila, que apenas cheiraba a turista, cunha capela nun fermoso mirador cheo de árbores e estreitas rúas e pequenas prazas de relaxantes fontes.

Nunha desas prazas, tomando algo no mediodía, atopamos un músico ambulante cargado ca súa arpa. O home tranquilamente buscou a acera en sombra e a ventana onde cheiraba a flor, e, sin ofrecerlle rosa branca a señorita, empezou a tocar. Sinceiramente... foi unha gozada atopar un músico de arpa celta no medio da terra do flamenco.

Ao final entre prazas, capelas, rúas estreitas, fontes e arpas celtas, ao final Benalmádena - Casco Vello foi unha pequena illa de tranquilidade e, como dirían os portugueses, autenticidade.

7 de dec. de 2012

O Teatro Romano de Mérida

Un vista panorámica do Teatro Romano de Mérida, dende o escenario… non é unha vista moi boa pero si queredes mirala con maior zoom só tendes que pulsar na imaxe… é unha visión moi fermosa… mágoa dos aparellos modernos necesarios para o Festival de Teatro Clásico de Mérida…

Viaxe Salamana Málaga 2012 403 pan arranx

O Arca de Noe

Non, hoxe non estou bíblico, hoxe estou melancólico... porque por fin atopei algo que levaba tempo buscando, unha melodía que me fervía na cabeza dende a miña adolescencia, a lembranza dun programa de televisión realmente bo, dos que xa non se fan porque facía pensar á xente, porque sementaba e facía agromar a preocupación polo entorno. Cousas de outros tempos máis inocentes.

Onte pola noite, despois de moito buscar, atopeino por fin, en Youtube e case choro da emoción.

Escoitade o vídeo, mirádeo... quen de vos lembra esta melodía, este programa? Quen de vos lembra os compases estimulantes do cabeceiro de "O Arca de Noe", programa que botaban na dúas sobre a conservación do entorno? Eu escoito estes compases e viaxo ao ano 86 mentras unha onda de emoción recorre o meu corpo... non só polos tempos pasados, tamén porque esta melodía faime pensar en poñerme en marcha, en facer cousas... a quen de vos lle trae bos recordos estes son? A min moitos... non podo escoitala sen un punto de morriña... tempos pasados, din, sempre foron mellores... ás veces é certo.

Por favor... se vos fai sentir algo especial, se vos fai ferver o sangue, se vos lembrades do "Arca de Noe" escoitade e gozade... deixádevos levar por esta música marabillosa... a ver si polo menos escoitando música como esta podemos cambiar algo...

Por certo, a composición é do xenial José Nieto, gran compositor español de centos de bandas sonoras... como "O Bosque Animado", "Amanece, que non é pouco", "El Lute, cammiña ou reventa", "Amantes", "Días Contados", "A Pasión Turca"... a lista é interminable.

E os debuxos... esquencíame... se non me engano son de José Ramón Sánchez... lembrades aquel debuxante que saía en Sabadabadá, que facía unhas caras sempre moi longas?

6 de dec. de 2012

Mérida

De volta ao camiño, cara o sur, pola vella Ruta da prata a seguinte parada foi na antiga Emerita Augusta dos románs. Non podiamos deixar pasar a ocasión e aproveitar o paso por Mérida para visitar as súas ruínas: o teatro román e o vello anfiteatro nunha visita relámpago que ao final non tivo nada de rápida.

Mérida atrapounos durante casi tres horas entre as súas pedras cheas de tempos antigos, pingas de sangue e gritos de dor, risas e parlamantos de artistas… é extraño ver como naqueles tempos, un emeritano podía pasar a tarde mirando loitas de gladiadores e sacrificios de bestas e logo dar dous pasos e asistir a un serán de teatro e poesía…

Supoño que cada espectáculo tería o seu propio e diferente público.

Por certo, coincidimos aquel día co comezo do Festival de Teatro Clásico de Mérida… mágoa non ter considerado algo así e non ter pasado unha noite en Mérida… quen sabe se haberá outra ocasión similar…

4 de dec. de 2012

Panorámica da Praza Maior de Salamanca.

Documento sin título

De noite a Praza Maior de Salamanca, escapando da calor do día charro, é un fervor de xente: os que aproveitan o solpor e as primeiras hores da noite para relaxarse un rato e grupos de rapaces para os que comeza o día. En calquer caso... un marabilloso lugar xa sen o agobio dos grupos de turistas, ata que escoitas que en algunha terraza... grupos de tunos desplegan as súas habilidades para un entregado público e entón morre a maxia do momento.

Viaxe Salamana Málaga 2012 359 pan arranx

Contacontos en Salamanca

Contabavos nunha entrada anterior que o patio da Casa das Cunchas transmutouse aqueles días que andivemos por Salamanca nun reino dos monstros e das fadas, no campo do pozo máxico, no mundo dos contos e das historias polo ciclo “Contando cuentos”. Era martes e resultou que o mércores o conto sería representado por Maria João Trindade y Sylvian Peker que contarían o conto “O que os zapatos levaron”. Que sorpresa… dous contacontos portugueses en plena castela… non o dubidamos… e alí estivemos o mércores, ás nove horas e media…

María e Sylvian, home francés cun excelente portugués,  leváronnos de viaxe polo pequeno e descoñecido mundo dos zapatos con catro deliciosas historias… unha interesante disertación sobre bioloxía dos zapatos, a misteriosa histoira da penla de anxo, o desgarrador relato da actriz e o seu amante e por ultimo, o sinxelo conto do home e o retrato… máxico... e ao final, decatámonos de que eran xa as once e media e pasaramos un agradable serán escoitando contos en portugués no medio de Castela.

2 de dec. de 2012

Salamanca 3

Salamanca é cidade de pedra e de tanta pedra que hai, ten dúas catedrais... unha do século XV, de estilo románico e gótico, a vella, e outra, a nova, rematada no século XVIII, de estilo gótico tardío e barroco, que teñen unha peculiaridade.

Os salmantinos decidiron construír unha nova pero sen tirar a vella, máis pequena e oscura, para poder manter o culto, pero cando remataron a nova... a vella non foi tirada e así agora, en Salamanca, hai dúas catedrais, unha do lado da outra. Pódese dicir que comparten parede… e realmente comparten torre, a da vella, máis alta e totalmente reforzada despois de que casi a botara abaixo o terrible terremoto de Lisboa de 1755.

E como sempre… dende o alto míranse as cousas mellor… e as visitas polos tellados de Salamanca son un espectáculo, todo un espectáculo.

Salamanca ten dúas catedrais pegada unha á outra, con centos de figuriñas de animais e persoas, e miles de vidrieiras de cores, e por si fora pouco, no outro extremo do casco vello, unha igrexa de pranta redonda… un sitio especial, encantador, silencioso… un sitio que nos deixou ca boca aberta do especial que era.

1 de dec. de 2012

Salamanca 2

A viaxe da que vos estou a falar deixounos un gran feixe de bos recordos, bos momentos e unha boa chea de fotos en Salamanca.

A pequena cidade universitaria castelá é unha xoia da arquitectura, das casas, dos edificios, das igrexas, prazas, rúas, e tamén da xente, do ambiente, das terrazas e dos bares.

E é por iso que a vista das alturas dende as torres da basílica da Universidade Pontificia, subindo pola súa escaleira ao ceo, é un luxo polo que paga a pena pagar 3 euros incluso á Igrexa Católica e Apostólica.

Salamanca é para ser ollada dende as súas rúas, dende dentro, pero tamén dende o alto, dende as torres, preto das campás que marcan o ritmo diario dos veciños, dos propios e dos alleos, dos ateos e dos crentes, dos estudantes e dos que xa só miran. As alturas dan a tranquilidade de ollar, sentíndote outro, aos turistas que pasan abraiados ca súa mirada ao alto e as cámaras na man.

E como non as floridas e saturadas esculturas das paredes exteriores da Catedral Nova, co seu astronauta, o seu lince... e o seu? Que foi antes, o ovo ou a galiña? A escultura ou o monstro cinematográfico? Pode ser que o diseñador dos gremlins pasara por Salamanca antes de facer os seus primeiros bocetos? Ou acaso un escultor un tanto friki decidiu omenaxear á que consideraba a súa película favorita?