Contabavos nunha entrada anterior que o patio da Casa das Cunchas transmutouse aqueles días que andivemos por Salamanca nun reino dos monstros e das fadas, no campo do pozo máxico, no mundo dos contos e das historias polo ciclo “Contando cuentos”. Era martes e resultou que o mércores o conto sería representado por Maria João Trindade y Sylvian Peker que contarían o conto “O que os zapatos levaron”. Que sorpresa… dous contacontos portugueses en plena castela… non o dubidamos… e alí estivemos o mércores, ás nove horas e media…
María e Sylvian, home francés cun excelente portugués, leváronnos de viaxe polo pequeno e descoñecido mundo dos zapatos con catro deliciosas historias… unha interesante disertación sobre bioloxía dos zapatos, a misteriosa histoira da penla de anxo, o desgarrador relato da actriz e o seu amante e por ultimo, o sinxelo conto do home e o retrato… máxico... e ao final, decatámonos de que eran xa as once e media e pasaramos un agradable serán escoitando contos en portugués no medio de Castela.
Ningún comentario :
Publicar un comentario