UA-55725853-1

9 de dec. de 2012

Benalmádena

Ao, final, atravesando a ancha Andalucía, chegamos, xa de noite, á Benalmádena... e Andalucía é ancha, e tamén España e Castela, as dúas, e incluso Extremadura, que todas as cruzamos dun lado ao outro, pero a costa malagueña é estreita, e como está chea de merda urbanística inversamente proporcional a esa estreitez... Despois da tranquilidade do interior chegar á costa, é máis á de Málaga, é como levar unha bofetada... edificios por todas partes, luces do parque de atraccións, coches a moreas, todo en aparente caos e desorde. Eu pensei... que coño fago eu aquí.

Pero por sorte tiñamos un pequeno apartamento no centro do casco histórico de Benalmádena e a imaxe de cidade turística estilo Torremolinos mudou en pequena cidade típica con turistas... un paseiño nocturno e logo outro ao mediodía mostraron unha vila que ben podería estar en calquer outro sitio, mesmamente en sitios menos turísticos, agradable, tranquila, que apenas cheiraba a turista, cunha capela nun fermoso mirador cheo de árbores e estreitas rúas e pequenas prazas de relaxantes fontes.

Nunha desas prazas, tomando algo no mediodía, atopamos un músico ambulante cargado ca súa arpa. O home tranquilamente buscou a acera en sombra e a ventana onde cheiraba a flor, e, sin ofrecerlle rosa branca a señorita, empezou a tocar. Sinceiramente... foi unha gozada atopar un músico de arpa celta no medio da terra do flamenco.

Ao final entre prazas, capelas, rúas estreitas, fontes e arpas celtas, ao final Benalmádena - Casco Vello foi unha pequena illa de tranquilidade e, como dirían os portugueses, autenticidade.

Ningún comentario :

Publicar un comentario