UA-55725853-1
Amosando publicacións coa etiqueta 25 de abril. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 25 de abril. Amosar todas as publicacións

25 de abr. de 2013

25 DE ABRIL SEMPRE!!!!

Xa sabedes que en internet as letras maiúsculas son grito... non? pois iso é o que quero facer hoxe... gritar... ben forte... 25 DE ABRIL SEMPRE!!!! QUE O POVO É QUEN MÁIS ORDENA!!!!

E hoxe máis que nunca porque, volo digo en serio, porque eu, e moita xente... estamos cada vez máis fartos!! Fartos de tanta merda, de tanta tristeza, de tanta xente a sufrir, de sentirmonos os parvos, os insultados, fartos de ter uns dirixentes, en xeral, pero máis os da puta gaivota (non pode haber pior símbolo, as gaivotas son as peores aves que hai... din que as ratas do ceo son as pombas, non é certo, son as gaivotas), que pasan o día a facer brincadeiras das nosas vidas, dos nosos soños, que non saben o que é ser humildes...

Por que si hai algo que me rebenta é escoitalos falar, escoitar esa fachenda que teñen, saber que non hai nun un gramo de humildade nas súas almas... porque si algo ten que ser un político e máis os que están a gobernar é humilde... porque o seu poder non é seu, ven do pobo que os elixiu por moi parvos que sexamos cando eliximos aos nosos políticos. Xa o di a canción, "o povo é quen máis ordena"... xa vedes, como sempre en Portugal por diante nosa: os seus políticos si que teñen humildade aínda que só sexa unha pouca (unha pouca comparada con nada é ter humildade a mans cheas), tanta como para que o máximo dirixente do estado saiba que ten que calar cando un grupo de cidadáns canta a fermosísima "GràndolaVila Morena".

Veña amigos, por un mundo máis ceibe, máis fermoso, menos cheo de lixo e de troikas noxentas... hoxe, todos, cantade como nunca "Gràndola Vila Morena"!!!! Veña, que se escoite ben forte, que o escoiten eses cabroes!!!

25 de abr. de 2012

25 de abril de 2012

Como cada ano chega o 25 de abril, pero este ano non é o mesmo, porque estamos metidos nunha produnda crise que non parece ter fondo, e porque a estas alturas do ano, o governo do PP estanos a levar por una senda de perda de dereitos da que empezamos a ter coñecemento de que remata mal, moi mal.

Parece mentira, pero neste 25 de abril, parecera que estivesemos recorrendo un camiño de volta que nos leva a tempos incluso anteriores a aquel ano de 1974 no que eu estaba a piques de cumprir o meu primeiro ano. Aquel 25 de abril de 1974 meus pais contemplaban con ilusión a aquel pequeno ser o ano anterior chegara ás súas vidas, e contemplaban con ilusión os acontecementos do estado veciño. Hoxe en día, 25 de abril de 2012, 38 anos despois, os españois mirámonos e aos portugueses e ao resto de Europa, con medo e horrorizados.

Non sei cal é a solución, non sei si debemos empezar a facer recollidas de firmas, si botármonos á rúa, non o sei. Só sei que non podemos deixar a estes que nos leven por un camiño que nos leva de cabeza ao precipicio. Falábamos do PSOE, fixéronno moi mal, e o pobo decidiu que governase o PP para ver si eran quen de facer as cousas tan ben como dicían que o ían facer cando eran o principal da oposición fai apenas 100 días. E o certo é que non só o están a facer mal se non que están a rir de todos os españois. Pretenden que os cidadáns apreten os seus cinturóns aínda máis pero eles non dan exemplo, pretenden recortar os presupostos en políticas sociais, en educación, en I+D, en sanidade, pero non recortan apenas na casa real, no propio governo, na igrexa e o que é peor, no gasto militar.

Sentía vergoña polo governo do PSOE pero agora, en só 100 días, sinto máis vergoña polo do PP, un governo que dicía que non ía vender aos españois aos mercados, que dixo moitas cousas na oposición e na campaña e que mentiron claramente, porque estan a facer todo o contrario. Non vale agocharse tras a suposta mentira do déficit e o seu descoñecemento por parte do PP. Iso son falacias.

E por iso, hoxe máis que nunca, ou polo menos tanto como fai 38 anos en Portugal, 25 de abril… sempre!!