UA-55725853-1
Amosando publicacións coa etiqueta Sibelius Ademy. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sibelius Ademy. Amosar todas as publicacións

16 de maio de 2012

Sibelius Folk Big Band

Xa choveu dende os días de semana santa e atrás quedaron aqueles marabillosos concertos da ENFO (European Network of Folk Orchestras) dos días 5, 6 e 7 de abril. Non teño moito que dicir, que supoño que para todos os músicos e organizadores foi un soño real, que os concertos foron incribles e irrepetibles, que ogallá o proxecto poda seguir existindo…

Eu quédome con estes recordos visuais do concerto de Sibelius Folk Big Band na Praza da Farola o día 7 ao medio día. Unha pequena delicia que ao final fixo saír o sol.