UA-55725853-1

19 de dec. de 2013

A os nosos pais...

As nosas nais adorámolas porque nos levan nove meses dentro delas, e por moito que digan, nos somos parte delas... de súpeto un día sepárannos e entón son os nosos pais, polo menos para min, o gran referente e de feito tanto o son que nos marcan terriblemente. Pero aínda así, quen non quere ao seu pai? Por iso é necesario agradecerlles todo o que teñen feito por nos, o seu interese por nos, as súas preocupacións por nos, as súas bromas, os seus xogos, as veces que temos pensado deles "que pesados son", as veces que nos teñen feito sentir vergoña, as veces que tempos pensado o inxustos que teñen sido con nos, as veces que o teñen sido de verdade, as broncas que nos teñen botado, as veces que os temos decepcionado e as que nos decepcionaron eles a nos, os abrazos, os bicos e como non, as veces que nos teñen querido ensinar algo e nos, pobres idiotas, non quixemos nin escoitar nin aprender. Ás nais tamén, porque no fondo son elas as que nos apoian, pero iso xa será outro día.

E para non liarme máis, pois o que realmente importa, que é que isto ten un motivo. É o motivo é simplemente adicarlle isto a dous dos meus mellores amigos. Eles saben quenes son e saben porque. Así que todo está dito.

3 comentarios :

  1. Aos nosos pais debémoslles mais que o noso ser.
    Boas festas e que o 2014 sexa millor !.

    ResponderEliminar
  2. Pois boas festas aos dous... á miña querísima tia catalega... e a ti paideleo... que vaia todo moi ben estes días!!!!

    ResponderEliminar