UA-55725853-1

27 de xan. de 2012

Frases varias

A que cheiran as nubes? Sempre quixen empezar un artigo con esta frase porque é o paradigma da estupidez humana ao servicio da publicidade máis mediocre

Non o sei nin quero sabelo. O que si que sei a que cheira e a nosa España, que cheira a merda da Galiza a Cataluña (ou mellor digo ata Valencia), dende o Estreito ata o Cantábrico. A merda e a ladrillo.

Os bancos quedan cos pisos que ninguén quere mercar e como ninguén quere mercar, os bancos enchen os seus activos de pisos que nunca serán vendidos porque os bancos non queren perder cartos.

Resulta que fai algún tempo mercamos un aparato que pensamos que nos sería moi útil pero, a pesares de ser moi útil, por motivos moi tristes e inesperados, ao final non foi usado nunca.

Como o aparato xa non tiña utilidade para nos decidimos vendelo por ebay porque pensamos que tería de utilidade para alguén e ao final nolo compraron pero pola metade do prezo de compra a pesares de que estaba totalmente novo e sen uso.

Que será mellor, gardar uns pisos que non se venden porque ninguén quere mercar pisos e porque son demasiado caros ou vendelos ainda que sexa a metade de prezo?

Calquer día leremos na prensa, “Científicos descubren en España homes case sen masa cerebral con celdas no cráneo similares as dos ladrillos”.

Executivo ladrillo

O problema deste país é que a avaricia, o egoismo e a estupidez “campsan” con total liberdade. Sobretodo en Valencia.

Falando desa comunidade, algo cheira a podrido en Valencia, diría un moderno ou revisado Hamlet, e posiblemente a resposta apuntaría a certos xurados populares.

Pero si o tema é a xustiza, non é xusto apuntar únicamente ao levante español, porque a podedunbre só pode ser estatal cando aquí o normal e xulgar a un xuiz por perseguir aos asasinos do franquismo, por perseguir aos corruptos, aos dictadores.

Nun pais como este, os que temos conciencia debemos buscar inspiración no pobre de Hamlet e perseguir á doce locura tal como fixo el. Qué outra alegría nos pode quedar se todo nolo van recortar?

Sorte que para a morte todos somos iguais.

Ningún comentario :

Publicar un comentario