UA-55725853-1

27 de xan. de 2012

Sendo un moscardón

Hoxe levanteime e para a miña minúscula sorpresa era un moscardón. Non me sorprendeu por atopar delicioso iso de voar e poder mirar á miña familia dende o teito, ou polo raro que foi miralos como miles de hexágonos. Non, o extraño foi escoitar esa especie de gargallada entrecortada na boca da miña gata e recordar a gracia que me fai vela cazar moscas.

Ningún comentario :

Publicar un comentario