UA-55725853-1

16 de maio de 2012

Antidisturbios

Empezo a pensar que é o problema ten fácil solución. Agora que temos ministros de xustiza que queren limitar as reunións  da xente na rúa e tipificar como delito a resistencia pasiva ou as convocatorias por internet, (seica o que ten cu ten medo… e parece ser que no PP hai moito apegado a unha poltrona), e agora que temos policía antidisturbios desatada porque aos governadores civiles deste país, dende que governa o PP, lles parece normal repartir paos antes que palabras.

O certo é que todo isto non deixa de ser un aspecto ridículo máis da gran farsa que é a crise. Como di o refrán… se non queres unha cunca, pois media ducia de paus… o que quero dicir é que non lles basta con meternos o medo no corpo, tamén necesitan controlarnos, non vaia ser que protestemos. E qué mellor xeito de control hai, eles pensan, que dar unhas boas ostias?

Empezo entón a pensar que neste grao de despropósitos, deberíamos pensar en unirnos ao enimigo, se non podes con el… xa sabedes, e facer como eles. Aglomeración de xente e non podes pasar… denuncia!

Entendo que si non se pode acampar en Sol ou alongar unha protesta na rúa por non molestar ao resto dos cidadáns, tampouco se deberían permitir as procesións relixiosas, xa teñen as súas igrexas, as celebracións deportivas masivas ou as reunións de alto nivel político que bloquean mazás enteiras das cidades onde se celebran. E si se permiten, pois a encher os xulgados de denuncias por entorpecer o paso con este tipo de eventos. Parece unha propostar ridícula, non é? Sinceiramente, no trasfondo acual, disimula bastante ben.

E digo eu, xa postos pois prohibir que a xente se aglomere nas verbenas diante da orquestra ou que a xente faga cola para ir ó paro.

Ningún comentario :

Publicar un comentario