UA-55725853-1

2 de xan. de 2014

Día sete: outra caracola

Día 007 131013

E logo estaba esta outra cuncha ca que non se escoitaba o mar pero ca que me teño perdido moitas veces sendo neno nas súas voltas...

Na saliña da miña casa, no moble que alí había, entre as fotos dos meus bisavós, que aínda están alí, no novo moble, estaban estas dádúas caracolas das que nunca souben a orixe. Non me preguntedes porque... pero adoraba esas cunchas. Agora están na miña saliña, que tamén é a miña habitación.

Ningún comentario :

Publicar un comentario