UA-55725853-1
Amosando publicacións coa etiqueta Fotografía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fotografía. Amosar todas as publicacións

7 de xul. de 2014

Po cobrendo tempos mellores

Tempos mellores

Viña camiñando para casa... despois de tomar un viño con certa persoa marabillosa, pensando en pasar polo supermercado cando vin a casa, primeiro a ventana arruinada, case caidos os batentes de cristais rotos, cas contras de madeira cheas de po... ocultando un interior destrozado que tratei de imaxinar. Pero a porta da casa si que deixaba ollar o interior... no fondo do vestíbulo, á dereita, as escaleiras de madeira, sobre as que caera o teito enteiro. De frente... unha habitación pechada por unha porta de cristais de cores dos que aínda quedaba un único cristal verde, e na habitación, iluminada por unha ventá chea de po pola que se deixaba ver o patio interior, unha vella cama de ferro sen colchon, unha silla, o farol... todo coberto por po, e máis po, po sobre po que cobre aínda máis po...

Tempos mellores

Ao fondo da habitación a traveso da ventá rota, un cazo, un cazo abandoado, iluminado polo alto sol do mediodía, e a ventana, tamén chea de po, pero aínda cos cristais enteiros, con cortinas, da casa do lado. Sinceiramente mirar aquelas ventanas, aquela habitación e o vestíbulo ca escaleira medio caída... produciume unha pena inmensa, porque a pesares de que era nada máis e nada menos que unha casa vella, unha casa esquecida, en algún momento viviu xente nela, xente que a quixo porque era súa, que amou e chorou nela... e de súpeto foi quedando baleira, sen xente, sen persoas que facían que a casa fose o que era, un fogar. As casas envellecen, acabamos por esquencelas, por abandoalas... e entón énchense de po, caense os teitos, rómpense os cristais... e xa non son casas... son fontes de morriña e tristeza.

Tempos mellores

23 de xuño de 2012

Baixando, á dereita, para A Estrada

Baixando dende Silleda cara á Estrada en Pontevedra pola N-640 hai unhas vistas impresionantes, tanto que, ao fondo, detrás do solitario Pico Sacro, case se distingue Santiago de Compostela, e claro, ese mal día, non podiamos facer outra cousa que parar o coche no miradoiro á beira dun vello restaurante abandonado de estrada, cuxo nome descoñezo pero que podería localizar no mapa perfectamente, e sacar, sen presas, a cámara. Recordo que ía conducindo e dixen algo así como que sentía moito, que tiña que parar e facer unha foto. Ou polo menos para gozar do espectáculo.

14 de xuño de 2012

Maquetas

Fai algúns meses fíxose famoso un vídeo do grupo Eladio y Los Seres Queridos, "El tiempo futuro", onde mirábase Vigo, olladas de Vigo, como se fose unha maqueta, unha montaxe de imaxes modificadas ca técnica retoque dixital "Tilt Shift" e que transforma as imaxes facendo que nos preguntemos constantemente si o que estamos a ollar é unha maqueta ou unha imaxe real...

É unha técnica canto menos curiosa que produce un fermoso artístico cargado de dúbidas e incertidumbres... é unha maqueta? Non, non pode ser, estaría moi ben feita... pero é que... realmente parece unha maqueta...

Estes días estivemos a mirar o efecto no curso de fotografía e hoxe, despois de preparar as miñas maquetas, púxenme a cambiar as figuriñas de sitio xusto cando se me disparaba a cámara... o motorista rápido protestou, que aquilo era unha ultraxe, que tiña prisa, pero eu estaba canso de miralo xusto alí no medio e sin escoitalo boteino de volta pra caixa. Non quedaba nada ben en medio de tanto coche.

11 de xuño de 2012

Ai Rianxo, Rianxo... paxaro pinto...

Fai dúas semanas estivemos no Serán do Mar en Rianxo. Foi unha tarde que comezou soleada e no canto dun ensaio de Malveiras en Vilagarcía houbo paseo pola costa de Rianxo. De pequeno paseo ata unha praia cercana a longo paseo por lugares que eu descoñecía.

Sinceiramente… un paseo con Jose e Iria sempre é algo moi interesante pero si ademais ven algunha rianxeira, como Ana, a de Miguel, que che conta cousas, que che fala de tempos pasados… pois aínda o é máis.

Por exemplo unha praia que se lle bota un recheo e que se fai moito máis grande do que era, ata o punto de que o vello malecón xa nunca xamais será bañado polas olas.

E logo as vistas do lado habitual  da ría, dende o lado que normalmente está… na outra riveira.

Ou por exemplo, a Illa de Cortegada que sempre móstrase dende Carril e que non sei si algunha vez a mirara dende ese lado.

O sol non durou e choveu e ata fixo frío pero a cambio xa mirades que ceos e que mar máis fermosos quedaron para fotografar.

Máis tarde Miguel e Ana leváronnos a coñecer os restos dunhas toerres que antaño protexían as costas rianxeiras e como estaba do lado, a un pequeno campo que descubriran uns días antes cheo de deliciosos amorodos. Aínda botamos un bo rato apañando e comendo neles.

Esta é a miña foto favorita do día, unha desas fotos que tiras sin pensar moito o que fas e que vai e resulta que sae unha boa foto.

Xa pola noite… xusto antes de cear, unha última foto. Non hai moito que dicir.

8 de xuño de 2012

Fotos radiactivas 01

Hoxe tócalle o turno ás fotos radiactivas, as da mira pequena rusa, a FED 5B, a primeira mostra do que pode facer. O certo é que cando fun buscalas á tenda quedei un pouco decepcionado ao miralas, esperaba algo excepcional, algo sorprendente, pero logo pensando un pouco decateime de que estaban moi ben… boas cores, ben saturadas, contrastes fortes… e o que é o mellor de todo… a pesares de non saber moi ben o que estaba a fotografar, encuadres bastante ben feitos.

A cousa é que, como descubrín despois, faltáballes algo máis de luz (agás as últimas que foron despois do solpor) para mellorar o efecto ese de luminosidade e revelalas usando o efecto cruzado (usar no revelado os líquidos que se usan para revelar diapositivas). Vamos, que a próxima vez de seguro que saen moito mellor.

En calquer caso, ao final quedaron bastante ben despois do escaneado e de tratalas un pouco co lightroom, tanto como para ensinárvolas.

7 de xuño de 2012

Fotos por un burato 01

A cámara de papel vai dando os seus primeiros froitos, non todo o bos que un quixera que fosen pero froitos son a lo menos. Moito queda por mellorar a técnica e a cámara.

Desta volta, a primeira, só 5 fotos pasan cun aprobado raspadiño. Dúas do xardín…

… outra cunha vista de Vigo….

… outra do noso peludo maior, o Moqui…

… e a última, da tarde dos Maios do Casco Vello, co maio da E-Trad prantado no medio.

Espero mellorar.

1 de xuño de 2012

Auga e luces

Está a dar moito de si o curso este de fotografía. Por poñer un exemplo, fai dúas semanas quedamos todos para probar a fotografía nocturna e pareceunos moi boa idea facelo nas fontes luminosas do Calvario.

Si vos digo a verdade, foi unha noite moi divertida, e ademais, penso eu, que o resultado foi bastante interesante... na miña opinión, as fotos feitas por min, en xeral, non necesitan moito comentario. Claro que con esas fontes do Calvario, tampouco hai que ter moita maña...

15 de maio de 2012

Retratos

Sigo a falar do curso de fotografía no Fiadeiro. Normalmente pasamos parte da mañá falando de teoría da fotografía, de como controlar a cámara para facer unha boa foto: a apertura, a profundidade de campo… etc.

Logo a media mañá o Calvario énchese de viciosos aprendices de fotógrafo aficionado, que, cámara en man, tratan de aplicar o aprendido. É curioso como algo tan trivial como un curso de fotografía pode alterar a vida de outras persoas allea: despois de tres semanas a xente xa sabe que estamos a facer un curso, e, de xeito totalmente natural deixanse fotografar.

Este sábado tocou facer retratos.

Este home por exemplo.

Ten pinta de mestre de mates ou se cadra de filosofía, dos que adoran ensinar, non como eses vellos mestres afeitos a empurrar coñecementos dentro dos nenos sen importarlles ben pouco o malos que son de dixerir sen un pouco de boa comprensión.  Dos que gañaron unha enruga por cada neno fracasado que deixou de estudar pero que nunca cansou de ensinar.

Aínda así xa lle sobran dedos para contar os anos que lle quedan para xubilar, porque, este home ten un segredo inconfesable, un tan segredo e tan inconfesable que non o sabe nin o primeiro dos seus colegas do claustro de profesores. O que realmente lle volve tolo é aprender e cando xubile, vai aproveitar cada momento libre de ter que ensinar en aprender algo novo, tanto lle ten que sexa debuxo con photoshop como patchwork. Se cadra ata aprende a andar en monopatín. Quen sabe?

Este outro cruzou media África andando.

Digamos que se chama Hassan. Un día, cando aínda era un adolescente que apenas tiña catro pelos na barba, Hassan díxolle á nai que pola noite soñara cun sitio moi fermoso onde a xente comía catro veces ao día e a auga que bebían era tan limpa como o ceo do deserto despois dunha tormenta de area. E tamén lle dixo que non pararía de andar ata que atopase o sitio do soño e con toda a súa vontade nunha bolsa, votou a camiñar cunha bágoa nun ollo e unha faísca de determinación no outro. Camiñou durante meses, cada vez máis ao norte, pola sabana, polo deserto, polas montañas. Cruzou un pequeno mar e seguiu camiñando, e a pesares de non atopar o lugar do soño, non desfalecía.

Un día Hassan, moitos pasos despois, chegou a Vigo e entón pensou que non era o lugar do seu soño pero que lle gustaría ter soñado con aquel sitio, e así foi que, pensando que mellor que perseguir un soño é ter un lugar onde soñar, decidiu quedar a vivir alí.

Ou ela que nos tempos mozos foi cavareteira e bailarina de varietés. Mirades esa cara de alegría que ten e que as enrrugas non son quen de tapar? Falan dunha nena sen parada, todo o día bailando e cantando, alegrando a calquera que a tivese preto.

Un día pasou unha famosa compañía de variedades por Vigo e ela marchou con eles sen pensalo nin dúas veces. A nai, en segredo, alentaba os desexos da filla, pero o pai, un mal bicho que só tiña dous principios, o futbol e cumprir a súa vontade polo santo dereito que lle dába ser o home da casa, non aceptaba a vida artística que afastaba á súa nena do único obxectivo, pensaba el, que unha muller podía ter, que era atopar un marido e formar unha familia. Tal como deus mandaba.

Pasaron os anos, e tras moitas alegrías e moitas tristezas a muller volveu a Vigo, e agora, tras vivir ao seu gusto tal como cantara fai temo o Sinatra, ca nai xa morta, pasa o tempo alegrando de novo a vida aos seus veciños e coidando a un pai desagradecido que ten moito máis do que nunca mereceu, e ela, que ven sabe o que valeu a súa vida, ri polo baixo e quere a un pai que nunca soubo querer a ningúen.

E como non, a dous cans.

O grande xa ten seus anos. Xa deixou atrás os tempos de andar ás cadelas, xa deixou fillos polas catro esquinas de Vigo e se a vida fóra valorada por iso, entón a súa levaría unha boa puntuación. Pero por desgraza as cousas non sempre foron tan sinxelas, que tamén lembra os tempos de vivir naquela granxa, atado sempre a un pau, con comida no prato uns días e outros nin o cheiro. E tamén lembra, como non, os paus que levaba de aquel home sucio, seboso, que non sabía vivir sen alcol e sen bater en alguén, uns días no can, outros na muller e nos fillos.

Claro que el ben o sabía, que a todo porquiño lle chega o seu San Martiño, porque un día, por correr atrás del co pau non se decatou de que o fillo andaba co tractor, e o fillo non se decatou (ou non quiso decatarse) do pai que corría co xuicio anubiado, como sempre, tras o can, e a reixa, que normalmente só valía para abrir regos, fixo xustiza.

Logo atopou otros donos, uns realmente bos, e agora pasa os días coidando dese anano que durme pracidamente ao seu carón soñando, posiblemente, nunha boa chea de osos. A vida, non é tan mala.


Pode ser que as historias dos retratos non sexan verdade (moita casualidade sería, non), pero como eu miro eses retratos e que queredes que vos diga… eu vexo un mestre que quere aprender por variar, un emigrante subsaharián chamado Hassan, unha vella cabareteira e un can que lembra a súa vida. Vos que mirades?