UA-55725853-1

20 de xul. de 2011

Bicharada

Temos o xardín está cheo de bicharada. De bolboretas, de arañas, de escarabellos. De seres vivos buscando perpetuarse, escapar do esquencemento, en parellas, sobre as novas manzanillas. Xa non é a primaveira, pero aínda é verán.

Moqui participa desa festa. Traenos agasallos. Non recoñece a súa fermosura a ansia da caza, a rendición ao instinto, aínda así nada máis que un xogo, agás se non é pola beleza da peza cobrada, do logro persoal do predador que logra o seu obxectivo, pola constancia.

Traenos asas de vívidas cores, enxoiadas en azuis, vermellos, amarelos. Delicadas peciñas de lapislázuli, rubí, ouro, enfiadas en seda e azabache.

Bolvoreta 03

Bolvoreta 04

E qué me dicides dos pequenos pampullos?. Amarelos como pequenos soles, son privilexiados testigos e ao mesmo tempo protectores do eterno xogo da perpetuación das especies.

É a dictadura do xen, da que non escapan nin insectos nin plantas. A xenética obriga na súa perfección: o pracer de lograr traer ao mundo copias dun mesmo un ano máis, unha xeración máis.

Perpetuación 01

Qué consiguen eles con ser privilexiados miróns? A garantía de que o ano que ven as súas propias sementes serán repartidas, a lo menos, polo noso pequeno edén.

Perpetuación 02

Ningún comentario :

Publicar un comentario