UA-55725853-1

14 de xul. de 2011

Neptuno

Onte, día 12 de xuño de 2011, foi día de aniversario no Sistema Solar. A Terra, Marte e Xúpiter organizaron a festa á que asistiron tamén Mercurio, Urano, Saturno e Venus que bailou danzas orientais na honra do homenaxeado… Neptuno. A todos eles uníronse outros convidados como a Lúa da Terra,  Fobos y Deimos de Marte,  Io e familia por parte de Xúpiter, Titán e familia por Saturno, TitaniaNeptune_Full e famila por Urano, Tritón e familia polo homenaxeado, Plutón e os enanos, os satélites do cinturón e como non, o pai de todos, Sol.

O certo é que non é para menos porque Neptuno, o que actualmente é o último planeta do Sistema Solar fixo un ano propio dende que foi descuberto o día 23 de setembro de 1846, fai exactamente 164,79 anos terrestres… Ou dito ao rivés pero dicindo o mesmo, que Neptuno ven de dar unha volta enteira arredor do sol, volta que empezou fai 164,79 anos e que rematou onte, volvendo ao mesmo sitio onde foi observado por primeira vez en 1846. Ou dito xa por fin, do xeito definitivo, o ano neptunián dura 164,79 anos terrestres…

Imaxes tomadas polo Huble para a conmemoración do aniversario

Lin hoxe esta nova nun papel e pareceume importante, tanto como para publicala no blog, porque… ao lado da magnitude do que supón todo isto… que poden ser os nosos problemas humáns? Xa non falo de verdadeiros problemas, como a fame no mundo, como as guerras, como a crise ou a destrucción do medioambiente… non, falo dos nosos diminutos e insignificantes problemas que non o son realmente, como si aquel casou con aquela, si lle pon os cornos, ese tipo de novas ás que tanta importancia se lle da en certos programas da TV ou certas revistas…

Sinceiramente… que é iso fronte a magnitude de algo tan grandioso como o feito de que onte, Neptuno, un planeta clasificado como xigante gasoso, que é 3,8 veces máis grande que a fermosa bola de terra que nos sostén, volveu a pasar pola mesma posición que cando foi descuberto fai 164 anos?

Penso que podería ser unha boa cousa para a humanidade que empezásemos a nos decatar de que as nosas cousas, son mediocridades insignificantes fronte a grandiosidade do Sistema Solar, xa non digo do universo enteiro,. Ao mellor así íanos algo mellor do que nos vai.

En calquera caso, a festa está montada. Vai durar unha semaniña terrestre e será amenizada por unha orquestra especializada en música das esferas e que tocará temas da Suite para Grande Orquestra Os Planetas op. 32 de Holst, e outras fanfarrias astronómicas como O Danuvio Azul de Johann Strauss (fillo). Que non vos extrañe ver, esta semana, no ceo nocturno maís choivas de estrelas e cometas do normal, auroras boreais a latitudes inapropiadas, planetas seguindo órbitas peculiares ou soles que non aparece á súa cita matutina.

Reproducimos aquí, como homenaxe a Neptuno, a suite dedidada a Neptuno da obra Os Planetas de Holst.

Moitos parabéns!!

Os Planetas de Holst, Neptuno O Místico

Ningún comentario :

Publicar un comentario