UA-55725853-1

1 de xul. de 2011

Parabéns pra vocé

As cousas non sempre son como un as programa. Tratas de facer que os plans salgan ben, que sexan milimétricos tipo Hannibal Smith e saeche un flan tan malo que nin o podes sacar do molde.

Mátaste a trazar cada paso da túa vida cunha morea de ecuacións matemáticas, escuadra, cartabón e compás, pero, como se tiveses medo do teu éxito, compites co tipo que sempre pasa por debaixo das esqueiras cheas de gatos negros, e quedas cas gañas de soltar iso de “Encántame que os plans saian ben” cun puro na boca.

E de súpeto, non sei por que, hai ocasións nas que o destino ou mesmo o tempo póñense do teu lado e, por máis que ti desfagas e fagas todo mal, e poñen a alguén no teu camiño que se acopla a ti de tal xeito que o lim (0 a ∞) da curva da túa vida cando tende á recta que representa es ansiada perfección faixe casi 0.

A min dende fai catro anos pásame algo así. Cando coñecín a Lupe tocoume a lotería: non hai día que pase que non me decate do afortunado que son de tela ao meu carón, de poder compartir a súa vida. Mil vidas xunto a ela non serán dabondo para agradecerlle que o seu camiño e o meu vaian xuntos.

Ela moitas veces, cando empéñome en encher de pedras, de troncos, de buratos ese camiño, neses momentos malos que tan necesarios son para apreciar os bos pero que cando os tes desexarías non telos, pregúntame porque estou namorado dela… que ten ela de especial: porque non coñezo mellor persoa que ela no mundo e porque ela fai que ser un mellor Edu sexa moi doado. E por moitas máis cousas que non ven a conto que as conte aquí… Decídeme… como non vou querela cada día máis?

A cousa é que hoxe cumple anos, non vou dicir cantos que esas cousas non se contan, e por iso que aproveitar o meu pequeno blog para felicitarte, miña Lupe, e para agradecerte todo o que es, para agradecer cada paso que das ao meu carón, cada gotiña de aire que respiras preto de min.

MOITAS FELICIDADES!!
Lupe en Ortakoi
Lupe en Ortakoi grey
Lupe en Ortakoi blue
Lupe en Ortakoi red
Lupe en Ortakoi magenta

Ningún comentario :

Publicar un comentario