UA-55725853-1

18 de set. de 2012

Animais, tres tipos diferentes

“Se a ti non che importara o que me acontera e eu non me preocupase por ti atoparíamonos indo dun lado a outro a traverso do aburrimento e a dor. Eludindo ocasionalmente as nosas olladas a traverso da choiva. Preguntándonos a cal dos cabróns culpar. agardando ver porcos voando”.

Pink Floyd, Pigs in the wind

Esta entrada debeu ser publicada fai uns meses, cando a eurocopa, pero chegaron as vacacións e tratar de rematar unha obra caseira e pasou o tempo e esquencinme dela… a cousa é que cando fixen o debuxo pensei no LP de Pink Floyd “Animals” o disco baseado na novela de George Orwell “Rebelión na granxa”, un LP de cinco temas que falan da sociedade que temos montado e na que, como no libro de Orwell, hai tres tipos de animais/persoas, porcos, cans e ovellas. A diferencia é que Pink Floyd, ao revés de Orwell, critica á sociedade capitalista inglesa, crítica que vale para hoxe en día.

Así, o tema “Dogs”, fala dos homes de negocios, só interesados nos seus sucios negocios e que ao final quedan sos. “Pigs (Three Different Ones)” fala dos líderes que pretenden impor a súa moralidade pervertida ca que controlar, como os cans, ás ovellas, das que se fala no cuarto tema que  é “Sheeps”, o ciudadán común que obedece conformista aos outros dous.

E tamén ao contrario que Orwell, no disco de Pink Floyd hai lugar para a espereranza por que ao final deste tema as ovellas revélanse, matan aos cans e dinlle aos porcos… non saias, queda na túa casa se o que queres é chegar a vello.

“Pasando inofensivamente o teu tempo, nos prados lonxanos, só vagamente conscientes dunha certa inquietude no aire. Mellor que vixiles, podería haber cans aredor. Teño mirado a Xordania e teño visto que as cousas non son o que parecen ¿qué gañas con finxir que ó perigro non é real? Manso e obediente sigues ao líder, descendedes polos corredores, hacia o val de aceiro ¡qué sorpresa! Unha última mirada golpea os teus ollos, agora as cousas son realmente o que parecen, non, este non é un mal soño.”

Pero logo di…

“Cando chegue o dia, nos os humildes mediante silenciosa reflexion e gran adicacion dominaremos a arte da karate, levantarémonos e entón volveremonos os ollos de agua. Balando e balbuceando caímos sobre o seu colo cun grito, ola sobre ola de dementes vengadores marchan alegremente dende a escuridade, para sumerxirse no soño. Tes escoitado as novas? Os cans están mortos! Mellor quedate na casa e fai o que se che di, mantente fóra do camiño se queres envellecer.”

Así que digo eu, se nos somos as ovellas e deixámonos dar polo cu polos porcos, cando imos espertar? Cando imos deixar de ser mansos e obedientes? Vai sendo hora de liberarnos de cans e porcos, non?

Xente… amigos… lectores, vai sendo hora de abrir os ollos, de espertar, e se podo facer unha boa recomendación de ler a Orwell… “Rebelión na granxa” para saber o que deberiamos facer e o que non, e “1984” para coñecer o futuro que nos agarda se non nos erguemos e deixamos de ser ovelliñas.

Ningún comentario :

Publicar un comentario