UA-55725853-1

15 de ago. de 2011

Os mercaderes do templo

Evanxeo segundo San Juan (Juan 2, 13-22)

13 Achegábase a Pascua dos xudeus e Jesús subiu a Xerusalén.
14 E atopou no Templo aos vendedores de bois, ovellas e pombas, e aos cambistas nos seus postos.
15 Facendo un látigo con cordas, botou a todos fose do Templo, coas ovellas e os bois; espallou o diñeiro dos cambistas e envorcoulles as mesas;
16 e dixo aos que vendían pombas: Quitade isto de aquí. Non fagades da Casa do meu Pai unha casa de mercado.

Abraiados quedades algúns ao ver que comezo esta entrada do meu blog cunha cita bíblica… pero non vos asustedes, aínda non pasei ao lado tenebroso. Todo ten a súa explicación, esta é a semana grande das xuventudes católicas do mundo grande e libre en Madrid e quero sumar a miña ás múltiples críticas que recibe tan magno e piadoso evento.

Estamos ante un acto de inmensa hipocresía. A Igrexa Católica, a de Cáritas Interparroquial e a de “axudar aos necesitados”, despilfarra millóns ca axuda desinteresada dos governos estatal, autonómico e local, institucións e empresas (interesadas), mentras no corno de África morren 7,4 persoas  mairoes de 5 anos por cada 10000 ao día e os 13 nenos menores de 5 anos por cada 10000 ao día.

No evento este de Madrid espérase a entre 1 e 2 millóns de persoas… non sei o gasto por cada unha destas persoas, pero imaxinemos que custa 1 € por cada unha… o custe sería de entre 1 e 2 millóns de euros… obviamente é moitísimo maior porque teño lido en algures que ven xente ata da Illa de Pascua! Imaxinades o que pode custar viaxar dende alí ata Madrid! De seguro que de Somalia ou de Eritrea non ven ninguén.

Creo que os datos están claros. Por moito que se financie esta inmensa trapallada cos cartos do peto dos asistentes, o custe é xigantesco. E a iso hai que engadir os custes non contemplados, claro: a cesión de espazos por parte do estado, os soldos a celadores de colexios, a operarios de limpeza, a policía… a parte financiada por empresas privadas… os descontos que se lles aplican aos pelegríns e que tamén son gastos porque son ingresos que se perden… o que quero dicir é algo que todos sabemos: si todos eses cartos foran destinados ao corno de África, nun mes acabaríase ca ambruna…

Que os asistentes fagan unha doazón para África non deixa de ser un grande insulto cando nesta gran farsa vaise gastar moitísimo máis.

O que máis noxo me da é que aínda por riba, a dereita máis rancia e as altas institucións eclesiásticas españolas traten de vendernos que estas xornadas van ter unha grande repercusión económica… vamos, que só lles falta dicir que facer as xornadas vai sacarnos da crise. Que é entón a igrexa católica e apostólica? Outro espectáculo mediático máis como cando ven a dar un concerto Lady Gaga? Que é o que queren os xefazos do Vaticano, salvar as nosas almas ou encher os seus petos?

Lady Ratzinger no JMJ

Porque cando fan apoloxía dos beneficios económicos que producen os seus grandes actos relisioxos (como a visita do Papa a Santiago do ano pasado) eu só podo pensar nese párrafo do Novo Testamento que puxen arriba e que na igrexa católica deberían deixar de ser unha panda de hipócritas: tratan de vender unha moral, unha ética, que destroza as vidas de moita xente, que enfrenta aos humáns entre si, cando detrás de todo iso agóchase unha panda de cambistas neoliberais que especulan cos soños de salvación dos pobres e incultos povoadores deste gran de po que é a terra.

Non hai nada peor que aquel que oculta a súa máis absoluta ruindade baixo un manto de bondade e rectitude.

E que pasa comigo, diredes algúns… criticas a igrexa pola que casaches! Ben, para min has tradicións son importante, pero o certo é que síntome así:

Por certo, dúas cousas máis. Por máis que busquei non fun quen de atopar na rede unha versión da Biblia ou do Novo Testamento en galego. E se queredes informarvos con profundidade de que son en realidade as JMJ, visitade estes enlaces:

Os chollos dos pelegríns

O menú do Papa

O secuestro escolar do JMJ

Ningún comentario :

Publicar un comentario