UA-55725853-1

10 de ago. de 2011

Treixadura en Caldas de Reis

Nestes tempos inconcongruentes de concellais de Cultura incultos e anticultura propia é necesario ter un forte compromiso na defensa do que é noso: a nosa lingua, as nosas músicas, os nosos bailes e os nosos artistas e pensadores en xeral. Vai defender a nosa cultura galega un valencián? Non, aínda que ben certo é que en moitos casos vaina apreciar máis que moitos que se din galegos, concellais de Cultura herculíneas incluidas.

É por iso que eu berro este chamamento que espero que chegue a moitos oídos: o día 15, véspera da festividade de San Roque, tocará, as 21:30 horas na Alameda (ou Carballeira) de Caldas de Rei, Pontevedra, un dos mellores e máis recoñecidos grupos tradicionais da nosa terra… TREIXADURA.

Moitos son os motivos para ir ver este concerto.

Por un lado que presentan novo disco, “Esa si que é muiñada”. Deste traballo teño escoitado que é bo pero que non está ao nivel do anterior. Certamente, o anterior disco deixou o listón ben alto, pero teño que dicir que dende que mercamos o disco Lupiña e mais eu témolo escoitado unha chea de veces e, sinceiramente, na nosa humilde opinión, este é o mellor disco dos catro…

Practicamente é o concerto de presentación do disco xa que para o luns só terán dados dous concertos, a véspera do 25 de xullo para a TVG e mañá en Rábade. A crise e o baixo nivel cultural dos nosos concellais teñen producido esta nefasta e inesperada consecuencia: Treixadura, como outros moitos grupos galegos, non son contratados para as festas do verán dos concellos galegos.

E xa por último o motivo do que falaba ao principio… a defensa da nosa cultura… demostrar que somo moitos, lexións, unha marea branquiazul… que as persoas que realmente amamos a nosa cultura podemos encher a carballeira de Caldas de xente e de sá festa tradicional.

Veña, gustaríame vervos a todos alí o luns, gustaríame que lográsemos facer unha festa como aquela vez que Treixadura tocou na Reconquista en Vigo, con moitas rodas de bailaríns, co público emocionado cantando xuntos Fisterra.

´Vémonos o luns!!

Reportaxe Treixadura from Casa de Tolos on Vimeo.

Ningún comentario :

Publicar un comentario