Temos o xardín está cheo de bicharada. De bolboretas, de arañas, de escarabellos. De seres vivos buscando perpetuarse, escapar do esquencemento, en parellas, sobre as novas manzanillas. Xa non é a primaveira, pero aínda é verán. Moqui participa desa festa. Traenos agasallos. Non recoñece a súa fermosura a ansia da caza, a rendición ao instinto, aínda así nada máis que un xogo, agás se non é pola beleza da peza cobrada, do logro persoal do predador que logra o seu obxectivo, pola constancia. Traenos asas de vívidas cores, enxoiadas en azuis, vermellos, amarelos. Delicadas peciñas de lapislázuli, rubí, ouro, enfiadas en seda e azabache. | |
E qué me dicides dos pequenos pampullos?. Amarelos como pequenos soles, son privilexiados testigos e ao mesmo tempo protectores do eterno xogo da perpetuación das especies. É a dictadura do xen, da que non escapan nin insectos nin plantas. A xenética obriga na súa perfección: o pracer de lograr traer ao mundo copias dun mesmo un ano máis, unha xeración máis. | |
Qué consiguen eles con ser privilexiados miróns? A garantía de que o ano que ven as súas propias sementes serán repartidas, a lo menos, polo noso pequeno edén.
Ningún comentario :
Publicar un comentario