UA-55725853-1

22 de xul. de 2011

Outro muxel no porto

Si é que mo poñen, como se di, a collóns. Eu non quero pero eles empeñados en facer paiasadas cas que eu facer as miñas brincadeiras.

Oxe lin a nova de que o actual presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, dimitía presionado pola Conselleira do Mar, Rosa Quintana, e por unha serie de escándalos, de maior embergadura, como o da construcción dun carísimo (dous millóns de euros) galeón para promocionar o ente autonímico, como a implicación do home este, posiblemente, no caso Orquestra de corrupción na Costa da Morte, e outros de menor embargadura, como é o feito de publicitar a principios de ano a construcción de pantaláns e instalacións en terra por valor de entre 150000 e 200000 €. A cousa é que ata aquí sería normal pero si facemos como Maira Gómez Kemp e seguimos lendo… entón comprenderedes por que escacho ca risa.

Porque estas instalacións serían construídas no río Limia, en Xinzo de Limia, no medio da provincia de Ourense, a máis de 150 km da costa máis cercana… non me digades que non é para partirse de risa!

Presentación do novo porto de Xinzo de Limia

Debe ser que o home quere recuperar a Lagoa de Antela que o ilustre Franco secou xa fai motos anos para prantar patacas e que pensa que como se chama lagoa será de auga salgada.

“Mira, Pantalla, xa temos barcos, así que cando a lagoa esté chea de novo boraemos muxos e nécoras e faremos un bonito porto deportivo con 500 amarres, o máis grande de todo Ourense”. A Pantalla non debe saber si correlo a vergasos ou botar a rir.

O certo é que a lei que crea o ente Portos de Galicia deixa ese oco que si que permitía construir esas instalacións, pero dado que o ente depende da Consellería do Mar, e que xa hai outros entes que se encargan de xestionar as augas continentais, está claro que ou ben este home é un tolo, ou que ten unha perigosa falta de sentido común ou que é un cómico a altura do Gran Wyoming ou de Samuel Juarez, Conselleiro de Medio Natural.

Será que están eses dous a ver quen di ou fai a parvada máis grande?

O novo porto de Xinzo de Limia

Por certo se non me credes mirade estas dúas novas:

Cae o presidente de Portos de Galicia tras unha conflictiva xestión

A Xunta fará un novo porto... en Xinzo de Limia

Ningún comentario :

Publicar un comentario