Non estou moi seguro de como era a expresión, penso que algo así como “saes máis caro que facerche un traxe”. O que si sei é que debe ser unha idea que estos días anda pola cabeza de certo candidato á presidencia do estado. Paco, saes máis caro que facerche un traxe. Nunca tanta importancia se lle deu a uns cortes de tela. Non é para menos porque todo isto é en moitos aspectos unha vergoña e penso que o tufo só pode ser con moitas e pequenas reflexións. Velaiván as miñas. A primeira reflexión ou conclusión que se me ocorre é que o candidato Popular é un candidato flebe, sen ningún tipo de poder ou que non sabe exercer. Xusto todo o contrario do que se necesita nestes tempos: Rajoy, tras a dimisión de Camps, da a impresión de que é calquer cousa menos un líder. Só foi quen de obrigar a Camps a dimitir cando o xuiz declarouno, inequívocamente, imputado. Iso demostra que Rajoy non é quen de por orde na súa propia casa, que hai moitos que mandan, tanto ou máis que el… e xa se sabe, cando nun barco hai moitos patróns, o único que fai é dar voltas e voltas. Un bo líder, un bo patrón, tería feito dimitir a Camps no seu momento, tería imposto a súa vontade. Outra reflexión é a da falta de moralidade de todo isto, e non estou a falar do pouco ético que é o delito que poidera ter cometido Camps. Falo da escasa, se non nula, ética que hai en presentarse a unhas eleccións nestas circunstacias: calquer cousa vale para gañar unhas eleccións, ata ser candidato sabendo que no futuro o máis probable é que haxa unha imputación. Non podo pensar que a xente votase a Camps co coñecemento de que posiblemente sexa un delincuente. Paréceme inconcebible. Estou convencido de que a xente que votou a Camps fíxoo co firme convencemento da súa rectitude e da súa inocencia… pero e agora que ten sido imputado? Imaxinade que fora declarado culpable? Acaso non tería enganado a todos eses votantes seus que o votaron porque pensaban que era inocente? Sinceiramente, a min paréceme dunha amoralidade terrible. |
Fáltalles humildade, porque só o humilde é quen de recoñecer os seus erros e pedir disculpas por eles. Camps ven de dimitir e aínda así el non fixo nada, non é malo. El é o bo, e os malos son os outros. Onde está a súa humildade? Acaso é un home tan notable que é imprescindible? Pensará unha persoa como el que está á altura de Mahatma Ghandi ou de Malcom X?
Ocórreseme outra expresión máis, e sen saber aínda si Camps e culpable ou non, penso… os traxes incluirán lubas brancas?
Ningún comentario :
Publicar un comentario