UA-55725853-1

4 de xul. de 2011

Piratas na SGAE!!

Lembrades aquellas vellas películas de piratas de Elroy Flin? Que lle facían aos piratas que se volvían uns traidores? Pois que o tiraban aos tabeiróns…

Neste mundo moderno xa non hai galeóns de madeira a vela,  nin pasarelas para tirar aos piratas traidores aos tabeiróns pola borda, pero si que hai piratas que van de boas persoas, de defensores do bo facer, dos dereitos de autor e da honra dos “creadores”, con pollos fritidos por loros, e que siguen a usar remotas illas do Caribe para garda-los tesouros que teñen roubado. Agora xa non os enterran… agora métennos en contas bancarias… en sicavs…

Ah, unha cousa… debo rectificar… aínda son presuntos, podería ser que houbera piratas!! Aunque, digo eu, posiblemente, algo terá que haber cando a un director dunha sociedade e ao resto dos implicados os levan directamente detidos, non?

Así, parece ser, que o azote da piratería na rede é un niño de piratas da peor calaña. Sinceiramente, non estou dacordo co que fai a SGAE, xa o teño dito públicamente neste blog, pero si a lo menos fixeran o seu traballo de xeito honrado pois servidor tería que calar. Máis o certo é que nunca demostraron facer o seu traballo de xeito honrado: denunciar a pequenos comerciantes por ter unha tele posta, a radio, ou un pouco de música no seu ridículo local comercial é dunha vileza noxenta (por non falar de cando quixeron cobrar dereitos de autor a un concerto benéfico).

Pero non lles debía chegar, ou foi que a vileza e a avaricia rompeulles realmente o saco, que se volveron, presuntamente, eles mesmos uns piratas… con que moralidade poden criticar aos que descargan ou suben música ou películas na rede, aos que poñen música no seu negocio ou na súa voda sen lles paga-lo canon? Vergoña está claro que non deben ter, e si ao final é certo todo este asunto… e sinceiramente, ten pinta de que o é, eu, e coma min moitos máis, vamos rir durante anos cando alguén me fale de piratería informática.

Espero que o goberno meta man e controle unha sociedade que ata agora, ca cousa do canon, facía piratería legal, o que antigamente chamábase corsario, e que agora, presuntamente, adicanse á piratería pura e dura.

Si, moito vou rir… Ho, ho, ho!!!

Ningún comentario :

Publicar un comentario