UA-55725853-1

3 de set. de 2011

Hai Demos Rabudos

Seica de noite todos os gatos son pardos, pero no que se refiere ao mundo da fotografía, a noite tamén permite facer cousas que non nos deixan nada indiferentes, quero dicir, que falando de tirar fotos, os gatos non sempre son pardos e tendo unha boa máquina, podemos sacarlle as cores a casi calquer cousa.  De seguro que hoxe en día, cas cámaras fotográficas que hai, a ningúen se lle tería ocorrido o refrán dos gatos pardos… a lo menos si ese alguén era fotógrafo profesional.

Isto é como o de ir de visita nocturna aos petroglifos. O contraste entre as sombras da noite e as iluminacións do artificio humán é o que fai que esas visitas sexan unha experiencia máis gratificante que cando son de día. Ca fotografía, en xeral, pasa o mesmo. De noite é máis difícil diferenciar os tons ou incluso as cores pero o contraste entre a parte iluminada e a parte na sombra regala moitas veces imaxes moi especiais.

Logo está a parte tecnolóxica, que en certo modo é a parte máxica, pois as cámaras modernas capturan cores onde ti non ves máis que sombras… ou gatos pardos. Minto, que iso non sempre é así… de día pasa o contrario, atopas unha escea fermosísima cunhas cores espectaculares pero a realidade non lle gusta retratarse e só deixa que lle copies parte dos seus encantos. O vermello non queda tan apaixoante, o verde non ten tanta esperanza e o azul non é tan profundo como nos teu propio ollar.

Neses casos, podes usar, entre outras, a técnica HDR, que podería significar xustamente “Hai Demos Rabudos”, pero que realmente significa “High Dynamic Range”, é dicir, rango dinámico alto. Básicamente do que se trata é de usar un pograma para mesturar tres fotos iguais pero con exposicións diferentes, de xeito que cada foto aporta á imaxe final datos distintos… unha cóntalle como era as partes iluminadas da realidade, outra como eran as cores, outra como eran as sombras. Como resultado tes unha imaxe dun gran realismo en todos os aspectos. Incluso podes modificar os parámetros para crear imaxes hiperrealistas ou subrealistas.

Por exemplo esta foto. Está ten truco porque é un debuxo que fixen e que puxen nunha foto real, e polo tanto non teño as tres imáxes con exposicións diferentes, pero co photoshop se pode facer de todo, e xa vedes o que saiu… usando a ferramenta para facer HDR do photoshop fixen que se realzase toda a imaxe pero en especial o grafiti que ten máis brillo que o resto da imaxe. Non da a impresión de que o grafiti está a ser iluminado por un suave raio de sol?

Estas outras dúas si que son HDR real, quero dicir, tres fotos da misma escea con diferentes exposicións. Fixenas pola noite do barco que estaba a descargar os contenedores no muelle.

A primeira é, digamos, hiperrealista. As cores están bastante saturadas e quedou todo bastante iluminado pero aínda así non vos da a impresión de que ten un certo aire misterioso? Non vos da a lixeira impresión de que parece unha maqueta ou que os detalles están difuminados, como si a foto quisexe imitar unha pintura de cores pastel?

Agora comparádea ca segunda montaxe HDR das mesmas tres fotos… cambiando os parámetros no photoshop sae unha foto na que igualmente  as cores son moi realistas pero respétanse moito máis as sombras polo que o efecto é moito máis real. Por outro lado esta imaxe ten máis detalle e a iluminación está definida para realzar en especial o barco.

De todos modos con esta técnica coséguense cousas aínda máis espectaculares, controlando moito máis do que controla un principiante coma min. Nestes casos, por exemplo, a foto sobreexposta quedou demasiado sobreexposta, e logo realmente, cando uso o programa non sei o que fago, déixome levar polo que veso, si é bonito ou non… supoño que iso tamén é algo de arte, non?

Ningún comentario :

Publicar un comentario